Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: santiago

Sobre Aldonza de Praterías

César Lorenzo entrevista n’ A Nosa Terra á escritora Mercedes Gualteria Pintos amanuense das reflexións de Aldonza de Praterías recollidas no libro Pedras de Compostela. Quen é Aldonza de Praterías? A autora deste libro. Eu só me limitei a transcribir os seus pensamentos porque ela ten as mans ocupadas.

An Alfaya no Club de Lectura de Gálix

«Pirata», presentación en Compostela

O vindeiro mércores, 14 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago presentarase Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez. Acompañarán á autora o músico Xabier Díaz e a escritora Marilar Aleixandre.

Xerais no Festigal 2009

Xerais no Festigal 2009

Hoxe no seo de Festigal realizaranse as presentacións de dous dos nosos libros da colección de ensaio: ás 18:00 horas O natural é político de Teresa Moure e ás 19:30 Nos camiños do entusiasmo de Goretti Sanmartín. En senllos actos as autoras estarán acompañadas polo editor Manuel Bragado.

Marcos Calveiro, entrevista en “Xornal de Galicia”

Marcos Calveiro, entrevista en “Xornal de Galicia”

Tras a moi exitosa actividade da pasada semana en Santiago arredor da novela Festina lente, Marcos Calveiro é entrevistado en Xornal de Galicia.

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”, presentación en Santiago

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”, presentación en Santiago

O vindeiro mércores, 8 de xullo, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro (Praza de Cervantes 6) de Santiago de Compostela terá lugar a presentación do libro de Xesús Alonso Montero Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948). No acto o autor estará acompañado do editor Manuel Bragado.

Canteiro en Compostela con “Festina lente”

Canteiro en Compostela con “Festina lente”

O club de lectura Gálix Tendendo Redes remata a súa primeira andaina de actividades cun programa arredor da novela  Festina lente de Marcos Calveiro, organizado en colaboración coa asociación Amigos del Románico.

“Recordar doe”,

“Recordar doe”,

Organizada pola Asociación de Veciños Raigame de Santiago, o venres, 12 de xuño, ás 20.00 horas, nas instalacións do Centro socio cultural O Ensanche (Frei Rosendo Salvado 16) de Santiago, celebrarase unha homenaxe ao profesor Herminio Barreiro e presentación do seu libro Recordar doe. No acto participarán Xaquín Mato (presidente de Raigame), Fran Alonso e Herminio Barreiro.

«O libro das viaxes imaxinarias», premio AELG 2009

«O libro das viaxes imaxinarias», premio AELG 2009

No seo da cea anual organizada en Santiago por AELG foron entregados os premios AELG á mellor produción literaria do ano 2008. Entre as numerosas obras finalistas editadas por Xerais, O libro das viaxes imaxinarias de Xabier DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas, resultou o gañador na categoría do mellor libro infantil e xuvenil.

DoCampo e Cobas asinan na Feira do Libro de Santiago

DoCampo e Cobas asinan na Feira do Libro de Santiago

Xabier DoCampo (gañador do Premio Irmandade do Libro 2008 da Federación de Libreiros de Galicia) e Xosé Cobas, autor e ilustrador d’ O libro das viaxes imaxinarias,  asinarán mañá, mércores, 6 de maio, a partir das 20:00 horas, na Feira do Libro de Santiago.

«Baldras, o xigante», presentación na Feira do Libro de Santiago

«Baldras, o xigante», presentación na Feira do Libro de Santiago

Mañá, martes 5 de maio, ás 18.00, na Feira do Libro de Santiago  Iolanda Eiras presenta o seu libro Baldras o xigante, publicado na colección Merliño.  No acto, actuará o coro A Ferradura, do CEIP Pío XII de Santiago de Compostela e unha sección da Banda Artística de Merza.  Ao remate do acto, a escritora asinará exemplares do seu libro.

Manuel Rivas na Feira do Libro de Santiago

Manuel Rivas na Feira do Libro de Santiago

Mañá luns, 4 de maio, ás 19:00 horas, Manuel Rivas ofrecerá un recital poético.  Ao remate asinará exemplares de  O sombreiro Chichiriteiro,  A corpo aberto e do resto da súa obra.