Publicado o 2 Maio, 2009 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
Daniel Ameixeiro presentará mañá domingo, 3 de maio, ás 19:00 horas na Feira do Libro de Santiago a súa novela Ramón Piñeiro. Os días ocultos. No acto estará acompañado do editor Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 2 Maio, 2009 nas categorías Infantil, Merlín, Noticias, Presentacións
Mañá domíngo, 3 de maio, ás 18:00 presentarase O arco da vella, o álbum da serie «Merliño» escrito por Charo Pita e ilustrado por Xosé Tomás. A autora fará unha sesión de contacontos dirixida aos lectores novos arredor do do libro.
Ler máis →
Publicado o 1 Maio, 2009 nas categorías Autores, Feiras_do_libro, Merlín
Mar Guerra asinará exemplares de Xenaro ou o misterio da mochila verde na Feira do Libro de Santiago o sábado, 2 de maio, ás 18:30 horas.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2009 nas categorías Autores, Feiras_do_libro, Narrativa, Noticias
Jaureguizar asinará exemplares d’ O Globo de Shakespeare, na Feira do Libro de Santiago, o venres, primeiro de maio, a partir das 19:00 horas.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2009 nas categorías Autores, Ensaio, Feiras_do_libro, Noticias
Mañá, primeiro de maio, ás 13:00 na Alameda, Teresa Moure lerá o pregón que dá inicio á Feira do Libro de Santiago de Compostela. Teres asinará exemplares do seu ensaio máis recente, O natural é político, o martes 5 de maio, a partir das 19:00 horas.
Ler máis →
Publicado o 24 Abril, 2009 nas categorías Noticias, Poesía, Presentacións
Hoxe, venres, 24 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago presentarase Non son de aquí, o poemario de María do Cebreiro. No acto a autora estará acompañada por Manuel Darriba, Daniel Salgado e o editor Fran Alonso.
Ler máis →
Publicado o 20 Abril, 2009 nas categorías Monografías, Noticias, Presentacións
O 23 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro e dos dereitos de autor, presentarase Do orixinal ao libro. Manuel de edición técnica do editor Juan Blanco Valdés. O acto, organizado polo Consello da Cultura Galega e por Xerais, realizarase ás 12:00 horas no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro de Santiago.
Ler máis →