Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: sanxenxo

Presentación en Sanxenxo de «Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual»

O venres, 7 de agosto, ás 20:30 horas, no salón de plenos do Concello de Sanxenxo, organizada pola Librería Nós, terá lugar a presentación do libro Xose Filgueira Valverde. Biografía intelectual de Xesús Alonso Montero. No acto participarán o autor, Fernando Filgueira (presidente da Fundación Filgueira Valverde), Manuel Bragado (editor) e Xaime Corral (libreiro).

Presentación de «Pontevedra nos anos do medo» en Sanxenxo

O venres, 22 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Nós , rúa Madrid 20 de Sanxenxo, Xosé Álvarez Castro presentará o seu libro Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939). O acto está organizado pola libraría Nós, o Colectivo Andarela e Xerais.

Medio cento de lectores compartiron con Pedro Feijoo e «Os fillos do mar» a Cea Literaria de Sanxenxo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a cea literaria que mantivo en Sanxenxo Pedro Feijoo sobre Os fillos do mar.     Cea Literaria en Sanxenxo Despois da intensa xornada no Consello da Cultura Galega sobre «A cultura impresa na Rede», acompañei a Pedro Feijoo na Cea Literaria do Hotel Justo de Sanxenxo.

Suso de Toro asinará hoxe na Libraría Nós de Sanxenxo

Hoxe, a partir das 20 horas Suso de Toro estará na Libraría Nós de Sanxenxo (Avenida de Madrid 20), onde asinará exemplares da súa novela máis recente Sete palabras (Premio da Crítica Galicia 2010) e do resto da súa obra.