Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: sete_palabras

Suso de Toro, Premio da Crítica de creación literaria por «Sete palabras»

Suso de Toro recibiu onte o Premio da Crítica de creación literaria por Sete palabras, a súa novela máis recente. O xurado, que outorgou o premio por unanimidade, valorou que Sete palabras «é unha obra na que se recolle a súa evolución como escritor, respondendo ás esencias galegas sen renunciar á universalidade».

Suso de Toro presenta a edición en castelán de «Sete palabras»

Hoxe aparecen  na prensa senllas entrevistas con motivo da publicación por parte de Alianza Editorial da edición en castelán de Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro. Público faino co título «Como escritor, debo hacer las preguntas que molestan; mentres a axencia Europapress como «”Siete palabras” para abrir el desvan del pasado».

Suso de Toro será entrevistado o martes en «Hoy por Hoy»

Suso de Toro sera entrevistado por Carles Francino mañá, martes 6 de abril, a partir das 10:30 horas, dentro do programa «Hoy por Hoy» da Cadea SER. A entrevista coincide co inicio do lanzamento das edicións en castelán de Sete palabras e Trece badaladas, publicadas por Alianza Editorial.

Aparece a edición de «Sete palabras» de Suso de Toro en castelán

Nos vindeiros días comezarán a chegar ás librarías os primeiros exemplares de Siete palabras, a edición en castelán, preparada por Alianza Editorial, da máis recente novela de Suso de Toro. Os nosos parabéns.

Suso de Toro, entrevistado por «A Nosa Terra»

O número desta semana do semanario A Nosa Terra publica unha longa entrevista con Suso de Toro a raíz da aparición de Sete palabras. Baixo o título: «Síntome un supervivente dentro dunha xeración fusilada», Xan Carballa aborda con Suso de Toro as claves da súa novela máis recente, a piques de ser publicada a súa tradución ao castelán.

Presentación de «Sete palabras» en Rianxo

A edición impresa de La Voz de Galicia do Barbanza publica unha extensa crónica do que foi a presentación en Rianxo da novela de Suso de Toro, Sete palabras. O acto, organizado pola asociación cultural Barbantia reuniu a un cento de persoas e o concello de Rianxo, coincidiu coa celebración do 124 aniversario do nacemento de Castelao.

Pemón Bouzas… «Con “Sete palabras” Suso de Toro supérase a si mesmo»

O exercicio da escritura, xa de por si complexo, require ás veces dun esforzo adicional superior, incluso extremo. Sobre todo cando se xuntan escritura e memoria, memoria persoal, memoria que atinxe ó máis íntimo da persoa e dos seres queridos, da familia, dos maiores. Esforzo superior cando hai que ir descubrindo o que os pais e os avós xa non poden contar. Cando hai que converter os descubrimentos e a ausencia deles en novela.

«”Sete palabras” é un libro onde se funden literatura máis vida»

«Unha busca da identidade e das orixes: iso é Sete palabras (Edicións Xerais 2009), a nova obra de Suso de Toro , na que o escritor se converte en personaxe de novela, protagonista e narrador a un tempo. Ficción e realidade mestúranse ao longo das páxinas nunha sorte de viaxe dende Santiago de Compostela deica  Cuba, as terras zamoranas ou Madrid; de travesía interior dende a actualidade ata os comezos do século pasado».

«Sete palabras» de Suso de Toro, presentación en Rianxo

O libro de Suso de Toro Sete palabras será presentado este venres 29 de xaneiro ás 20:30 no auditorio de Rianxo. No acto estarán presentes o autor; o secretario de Barbantia, Xosé Ricardo Losada; o académico, investigador e Premio Barbantia da Cultura Galega 2009, Xosé Luís Axeitos; o director de Xerais, Manuel Bragado; e mais o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro.

«”Sete palabras”: na procura das orixes», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Baixo o título «Na procura das orixes», Manuel Rodríguez Alonso publica no «Cartafol de Libros« de Vieiros unha crítica de Sete palabras, a novela máis recente de Suso de Toro.

Dolores Vilavedra: «’Sete palabras’ é un chamamento á reconciliación con nós mesmos»

Suso de Toro fálanos en Sete palabras dende o alén, sobre todo dende ese alén xeracional do home que se atopa na metade do camiño e que, antes de seguir adiante, precisa facer unha pausa e mirar atrás, ordenar o seu pasado para que non se lle esboroe ese futuro que pasou a vida tentando construír.

Suso de Toro: «Sete palabras é o mellor libro que escribín»

Isabel Bugallal publica hoxe en La Opinión da Coruña unha entrevista con Suso de Toro con motivo da presentación que se realizou onte na Coruña de Sete palabras. Na entrevista Suso de Toro afirma que Sete palabras é «o mellor libro que escribín. Se Tic-Tac era unha visión moi descarnada da vida, este o desdice, é unha visión máis reconciliada, máis serena. É o relato dunha investigación e ten moito de maxia.