Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: sol_de_inverno

«Sol de inverno» ou «o bico dunha cereixa»

Baixo o título «O bico dunha cereixa», P. Abet publicou nas páxinas galegas do suplemento «A&L» de ABC unha crítica de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009.

Balance do ano literario galego de Ramón Nicolás no suplemento «Culturas»

Ramón Nicolás realiza no suplmento «Culturas» de La Voz de Galicia do pasado 19 de decembro un balance do ano literario galego. Entre as nove obras escollidas como principais, cino fron publicadas por Xerais. Así no eido da Poesía destaca a publicacion de Ámote vermella de Claudio Rodríguez Fer, ilustrado por Sara Lamas.

«Sol de inverno», crítica de Oriana Méndez en «Protexta»

Baixo o título «A magnitude do inverno» e o subtítulo «Epopea romántica con feitos históricos como fío», Oriana Méndez publica en Protexta 12 unha extensa crítica de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do premio Xerais 2009. Oriana Méndez salienta que o conxunto deste relato «é unha loita incondicional pola conitnuidade: a supervivencia é o único camiño.

Rosa Aneiros entrevistada por «A Nosa Terra»

Rosa Aneiros é entrevistada por A Nosa Terra con motivo da promoción de Sol de Inverno e Ás de bolboreta, as novelas polas que obtivo o Premio Xerais e premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil.

Rosa Aneiros presenta «Sol de Inverno» en Gondomar

Hoxe celébrase na Biblioteca Municipal de Gondomar a sesión de decembro do Club de Lectura Sete Vidas da asociación Espazo Lectura arredor de Sol de Inverno, a obra da escritora Rosa Aneiros gañadora da última edición do Premio Xerais de Novela. Pódese completar a información aquí.

«Sol de Inverno», presentación en Compostela

O vindeiro xoves, 12 de novembro, ás 20:00 horas, nas instalacións da Libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes 6) presentarase Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. Acompañarán á autora, a xornalista Helena Soto e o editor Manuel Bragado.

Rosa Aneiros en «Libro Aberto»

Esta noite, despois da película, no programa «Libro Aberto» da TVG Rosa Aneiros presentará Sol de Inverno. A entrevista coa autora do Premio Xerais realizouse no faro de Fisterra. Ademais, o programa noutra reportaxe repasará os trinta anos de historia de Xerais. O programa emítese, tamén, o mércores na G-2 (TDT) ás 20:00 horas.

Rosa Aneiros, entrevista no «Faro da Cultura»

Natalia Álvarez publica no suplemento «Faro da Cultura» de Faro de Vigo unha longa entrevista (dúas páxinas) con Rosa Aneiros con moitvo da publicación de Sol de inverno e Ás de bolboreta, as novelas gañadoras do Premio Xerais e Premio FundaciónCaixa Galicia. Aquí pode baixarse o pdf da entrevista.

Dez motivos para ler «Sol de Inverno» por Agustín Agra

Estamos a falar do Premio Xerais de novela. Despois de 30 anos unha garantía máis que contrastada de calidade literaria. A traxectoria literaria da propia autora. A súa obra anterior é a súa mellor carta de presentación. Sol de Inverno non é unha obra alimenticia; é literatura feita dende as entrañas, con paixón e compromiso.

Rosa Aneiros entrevistada en «Galicia hoxe»

Con motivo da primeira presentación de Sol de Inverno, que terá lugar hoxe en Ferrol, o xornal Galicia hoxe entrevista a Rosa Aneiros. Rosa Aneiros (Valdoviño, 1976) tira “para casa”, como ela mesma confesa, e elixiu Ferrol para presentar (Galería Sargadelos ás oito da tarde) Sol de inverno, a novela coa que gañou a última edición do Premio Xerais.

«Sol de Inverno», presentación en Ferrol

O mércores, 28 de outubro, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Ferrol realizarase a primeira presentación de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. No acto acompañarán á autora Sonia Díaz Pereiro e Manuel Bragado.

«O nomadismo é un xeito de estar no mundo», sobre «Sol de Inverno»

Baixo o título de «Na procura da identidade», Dolores Vilavedra aborda hoxe no suplemento «Luces» da edición galega de El País a crítica da dúas das novelas máis recentes da nosa colección Narrativa, Pirata de María Reimóndez e Sol de Inverno de Rosa Aneiros.