Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: somnámbulos

Suso de Toro: «O meu oído está educado na oralidade, non nos libros»

O xornalista Tino Santiago entrevistou no programa Zig-Zag Eirado da TVG ao escritor Suso de Toro sobre o seu libro Somnámbulos.

Santiago é literatura, video sobre os libros de Suso de Toro

«Santiago é literatura», vídeo no que se entrevista ao escritor Suso de Toro para falar da relación entre Somnámbulos e todos os seus libros e a cidade de Santiago de Compostela.

Suso de Toro: «A sensación de crise profunda da sociedade tamén opera dentro de min»

A web de Onda Cero reproduce a entrevista que a xornalista Susana Pedreira lle fixo ao escritor Suso de Toro en torno ao libro Somnámbulos na libraría Cronopios de Pontevedra.

Suso de Toro: «Un escritor ten que comprender a todos os seus personaxes»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a conversa entre Susana Pedreira e Suso de Toro en torno ao libro  Somnámbulos.     Suso de Toro conversa con Susana Pedreira Apaixonante resultou seguir a conversa que Suso de Toro mantivo onte coa xornalista de Onda Cero Susana Pedreira na libraría Cronopios de Pontevedra arredor de Somnámbulos.

Crítica sobre «Somnámbulos» no Huffington Post

El Huffington Post publicou unha crítica sobre a obra de Suso de Toro, Somnámbulos, feita por Margarita Lázaro que se pode consultar nesta ligazón.

Presentación de “Somnámbulos” de Suso de Toro en Pontevedra

O mércores, 10 de decembro, ás 19:30 horas, na librería Cronopios de Pontevedra, a xornalista Susana Pedreira de Onda Cero Pontevedra, entrevistará ao escritor Suso de Toro polo seu libro Somnámbulos.

«Somnámbulos» de Suso de Toro e «Historia da literatura galega II» de X. R. Pena encabezan o ranquing da Tabela dos libros de novembro

Somnámbulos, de Suso de Toro, e Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena, sitúanse no primeiro e segundo posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de novembro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Xerais no Culturgal 2014. Programa do sábado, 6 de decembro

  Programa de Xerais  para Sábado 6 de decembro no Culturgal 2014 12:45 horas: Espazo Foro. Presentación do libro O polbo e a súa cociña de Matilde Felpeto con Manuel Bragado e a autora. 19:15 horas: Espazo Libro. Entrevista de Susana Pedreira a María Reimóndez, autora de Dende o conflito (Premio Xerais, 2014). 19:30 horas: Espazo de Xerais. Sinatura de Manuel Rivas. 19:30 horas: Espazo de Xerais. Sinatura de Pedro Feijoo.

Cando o pasado non está resolto: «Somnámbulos», de Suso de Toro. Crítica de Chus Nogueira no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira  sobre o libro Somnámbulos, de Suso de Toro.

Suso de Toro: «Ser un autor en lingua galega en España significa que non saben o que facer contigo»

Praza Pública publicou unha entrevista de Mario Pais Beiro a Suso de Toro sobre o seu último libro, Somnámbulos. Suso de Toro: «España vive unha crise nacional porque non ten cultura nacional» Suso de Toro acaba de publicar o seu último libro tras catro anos de retiro, Somnámbulos, un compendio de tres relatos que o autor sentía a necesidade de sacar da súa cabeza.

O regreso de Suso de Toro con «Somnámbulos». Reportaxe en vídeo de «Desde Galicia para el mundo»

O programa da TVE Desde Galicia para el mundo emitiu unha reportaxe sobre o regreso de Suso de Toro á narrativa con Somnámbulos.

Suso de Toro: «Atreverse a contar cousas que levas dentro ocultas é un acto de violencia psicolóxica». Entrevista de Mar Mato sobre «Somnámbulos»

O Faro de Vigo publicou unha entrevista de  Mar Mato a  Suso de Toro sobre o seu novo libro Somnámbulos. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.