Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: somnámbulos

Tres relatos que producen inquedanza: «Somnámbulos», de Suso de Toro. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre sobre Somnámbulos, de Suso de Toro.    «Somnámbulos», de Suso de Toro Nunca pensei ler este libro de Suso de Toro nunha noite de insomnio, pero así foi… Mirade que acaído! Cadrou, a verdade. Pero teño que dicir que non me axudou a conciliar o sono posterior, así que a noite foi moi longa.

Radiografía moi dura da clase que rematou por ser dominante: «Somnámbulos», de Suso de Toro. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Somnámbulos, de Suso de Toro.   Somnámbulos, de Suso de Toro Entre a memoria e o soño Desde os tempos do romanticismo ou do simbolismo, facer literatura é moitas veces lembrar, mais nun estado próximo ao do soño ou de soñar esperto, onde se confunden os límites da realidade e mais os da fantasía.

«Dende o conflito», de María Reimóndez e «Somnámbulos», de Suso de Toro, no ranquing da Tabela dos libros do mes de outubro

Dende o conflito, de María Reimóndez e Somnámbulos, de Suso de Toro, sitúanse no segundo e terceiro posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de marzo na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Suso de Toro fala de literatura e de política nunha entrevista en Ara

O xornal catalán Ara publicou unha entrevista en vídeo con Suso de Toro durante a que, entre outras moitas cousas, fala do seu novo libro Somnámbulos. A entrevista pode seguirse neste enlace.

Lectura dramatizada de «Somnámbulos» entre Suso de Toro e o actor Federico Pérez

Ofrecemos o vídeo da lectura dramatizada de Somnámbulos que levaron a cabo Suso de Toro e o actor Federico Pérez.

Suso de Toro: «A literatura está a desaparecer». Anotación en Brétemas sobre «Somnámbulos»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación en Compostela de Somnámbulos, de Suso de Toro.   «Somnámbulos» de Suso de Toro no Ateneo O auditorio d’ Afundación da Rúa do Vilar quedou pequeno para seguir a lectura que o actor  Federico Pérez e o escritor Suso de Toro fixeron para presentar Somnámbulos no marco dos exitosos «Luns do Ateneo de Compostela».

Suso de Toro: «Dos últimos anos do franquismo ninguén quere falar porque ocorreron cousas moi feas». Entrevista no Diario Cultural sobre «Somnámbulos»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní con Suso de Toro sobre Somnámbulos.

Historias sobre a memoria e un retrato de Fraga Iribarne: «Somnámbulos», de Suso de Toro

O Diario de Ferrol publicou unha información sobre Somnámbulos, de Suso de Toro. A información pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Novidade: «Somnámbulos», de Suso de Toro. Tres voces que falan

Somnámbulos, de Suso de Toro, é unha novidade de Narrativa para este outono. Somnámbulos reúne tres relatos de textura semellante, a das voces que falan e que escoitamos falar. Todos tratan do que trata a literatura, da memoria, é dicir do pasado. A escrita literaria adoita ser como guindar un balde ao pozo que un leva dentro.

Presentación en Santiago de “Somnámbulos” de Suso de Toro

O luns, 20 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón d’ Afundación, rúa do Vilar, 19 de Santiago, terá lugar a lectura dramatizada sobre o texto do libro Somnámbulos de Suso de Toro. O acto, organizado dentro do ciclo “Os luns do Ateneo”, contará coa participación do actor Federico Pérez e do escritor Suso de Toro.

O retorno de Suso de Toro á narrativa con «Somnámbulos»

Faro de Vigo publica unha información de Mar Mato sobre as novidades literarias para o outono.

Suso de Toro: «Santiago de Compostela é literatura». O escritor publicará «Somnámbulos en outubro»

Suso de Toro: «Santiago de Compostela é literatura». O escritor publicará «Somnámbulos en outubro»

O portal Galicia Enteira publica unha entrevista co escritor Suso de Toro, que retorna á escrita publicando no mes de outubro publicará en Xerais Somnámbulos.