Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: televisión_de_galicia

Como un libro que fala da historia do libro no mundo clásico pode chegar a ser un best seller: «O infinito nun xunco», de Irene Vallejo. Intervención de Eva Mejuto no «Zig Zag Diario»

A xornalista e escritora Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre o libro: O infinito nun xunco, de Irene Vallejo, con tradución de María López Suárez, publicado por Xerais na colección Ensaio. O libro gañou o Premio Nacional de Ensaio 2020. A súa intervención pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 5,50″.

Marcos Abalde Covelo: «Este poemario pretende reivindicar os derrotados como esperanza para mudar as inxustizas». Entrevista no «Zig Zag Diario» sobre: «Alcatrán»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista de Pilar García Rego co escritor Marcos Abalde Covelo sobre o libro: Alcatrán, publicado por Xerais na colección Poesía. O libro gañou o Premio de Poesía Johán Carballeira, 2020 A entrevista pode verse nesta ligazón.

Xurxo Souto: «Na cidade-barco da Coruña vivimos o `punkismo´ máxico; non nos falan do mar, pero o mar bate con nós dunha forma moi vehemente». Entrevista no «Zig Zag Diario» sobre: «O retorno dos homes mariños»

O programa Zig Zag Diario, da Televisión de Galicia, emitiu unha entrevista co escritor Xurxo Souto sobre o libro: O retorno dos homes mariños, publicado por Xerais na colección Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Manuel Darriba: «A novela ten que ver con cousas que están sucedendo no mundo, que son peores aínda que a Covid e que durarán máis». Entrevista no «Zig Zag Diario» sobre: «A realidade»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista de Pilar García Rego co escritor Manuel Darriba sobre o libro: A realidade, publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

María Reimóndez: «En `Cobiza´quería reflexionar sobre como as estruturas de poder fan uso dos nosos afectos». Entrevista no «Zig Zag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista de Pilar García Rego coa escritora María Reimóndez sobre o libro: Cobiza, publicado por Xerais na colección Milmanda. O libro gañou o I Premio Pinto e Maragota á Diversidade Sexual e de Xénero. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Un libro que entende a poesía como un pensamento crítico: «Os paxaros e outros poemas», de Daniel Salgado. Entrevista no «Zig Zag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista de Pilar García Rego co escritor e xornalista Daniel Salgado sobre o libro: Os paxaros e outros poemas, publicado por Xerais na colección Poesía. A entrevista pode verse nesta ligazón.

A canción «Non pare a festa», de Os Amigos dos Músicos, acompaña o novo libro sobre o entroido de Ramón D. Veiga e David Sierra. Noticia no «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG que presenta a xornalista e escritora Pilar García Rego  rematou o programa emitido o día 15 de febreiro de 2021 coa canción: Non pare a festa, do grupo Os Amigos dos Músicos, tema que acompaña o libro: Non pare a festa. É tempo de entroido 2, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de David Sierra, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

Manuel Rivas: «Os únicos que compiten son os incompetentes, a vida non é unha carreira de cabalos». Entrevista no «Zig Zag Diario» sobre: «Zona a Defender»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista de Pilar García Rego co escritor Manuel Rivas sobre o libro: Zona a Defender, publicado por Xerais na colección Crónica – Xornalismo. A entrevista pode verse nesta ligazón.

«Poesía reunida (1982-2004). Xela Arias» e «Calendario Xerais 2021. Mulleres. Llanos», entre as recomendacións literarias de Eva Mejuto para este ano 2021. Entrevista no «Zig Zag Diario»

A escritora e xornalista Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre unha selección de recomendacións literarias deste ano 2021, con mención a dous libros publicados por Xerais: Poesía reunida (1982-2004). Xela Arias e Calendario Xerais 2021. Mulleres. Llanos. A súa intervención pode verse nesta ligazón.

María Rosario Soto Arias: «O dominio dun idioma sempre pasa polo dominio da súa fraseoloxía». Entrevista no «Zig Zag Diario» sobre: «Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista de Pilar García Rego coa lingüista María Rosario Soto Arias sobre o libro: Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego, do que é autora xunto con Carmen López Taboadae que está  publicado por Xerais na colección Dicionarios. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Xosé Durán: «O libro quere achegar á mocidade a importancia da lingua galega, que é unha lingua viva e culta». Entrevista no «Zig Zag Fin de Semana» sobre: «A raíña galega»

O programa ZigZag Fin de Semana, da TVG, emitiu unha entrevista de María Solar co escritor e xornalista Xosé Durán sobre o libro: A raíña galega, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 13.57″.

Eva Mejuto: «Este libro conta a historia dunha crianza pero narrada pola propia nena». Entrevista no «Zig Zag Fin de Semana» sobre: «A lavandeira de San Simón»

O programa ZigZag Fin de Semana, da TVG, emitiu unha entrevista de María Solar con Eva Mejuto e Bea Gregores sobre o libro: A lavandeira de San Simón, publicado por Xerais na colección Pequena Memoria. A entrevista pode verse nesta ligazón.