Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: Tintimán

«A Boca do Inferno», de Jaureguizar, en Cada día un libro, da TVG

 O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela A Boca do Inferno, de Jaureguizar, é O programa pode verse nesta ligazón.

Novidade: «A Boca do Inferno», de Jaureguizar. Un misterio para Tintimán en Ourense

A Boca do Inferno, de Jaureguizar, é unha novidade da serie Tintimán para esta  primavera. Un libreiro aparece asasinado nunhas termas de Ourense. El sabía onde está a Boca do Inferno, o acceso ao lugar onde arden os condenados. O malvado Jacques Bourget du Lac anda á procura desa entrada para facerse co poder que outorga: enviar as persoas ao averno ou salvalas do padecemento.

«Amor de serea», de Jaureguizar: reportaxe no Zig-zag da TVG

O programa da TVG Zig-zag diario, emitiu unha reportaxe sobre Amor de serea, o novo libro de Jaureguizar da serie Tintimán.

A habelencia de Jaureguizar. Crítica de Vicente Araguas sobre «Amor de serea»

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica sobre o novo libro da serie Tintimán, de Jaureguizar, titulado Amor de serea. A crítica pode lerse completa en pdf.

O que sucede se desparecen os galeóns de Rande: «Amor de serea», de Jaureguizar. Crítica de María Navarro

O que sucede se desparecen os galeóns de Rande: «Amor de serea», de Jaureguizar. Crítica de María Navarro

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de María Navarro sobre o novo libro da serie Tintimán, de Jaureguizar, titulado Amor de serea.   Un pasado romántico Novas aventuras de Tintimán Amor de serea constitúe a terceira entrega da colección “Un misterio para Tintimán” que Jaureguizar publica en Edicións Xerais de Galicia.

Potencia caricaturesca e relación cos filmes de detectives: «Amor de serea», de Jaureguizar. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o novo libro da serie Tintimán, de Jaureguizar, titulado Amor de serea.

O «Tintimán» de Jaureguizar viaxa a Vigo para investigar os galeóns de Rande. Reportaxe de Marta Veiga

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publican unha reportaxe de Marta Veiga sobre o novo libro da serie Tintimán, de Jaureguizar,, titulado Amor de serea.

Tintimán viaxa a Vigo: «Amor de serea», de Jaureguizar. Anotación de Manuel Bragado

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Amor de serea, de Jaureguizar, un novo título da serie Tintimán.   Amor de serea Téñolle moita querenza á serie “Un misterio para Tintimán” de Jaureguizar.

Novidade: «»Amor de serea, de Jaureguizar, novo título da serie Tintimán

Xa está na librarías Amor de serea, de Jaureguizar, un novo título da serie Tintimán. Os galeóns de Rande desapareceron. Non hai rastro deles en toda a ría de Vigo. O Amor de Serea toleou os malvados, que están dispostos a calquera ruindade para facerse con el. Soamente o reporteiro máis valente e espelido de Galicia, Tintimán, poderá combatelos malia ter apenas 16 anos.

Jaureguizar: «A reacción dos rapaces con Tintimán é moi positiva: descubren que poden ler en galego cousas divertidas»

Praza Pública ofrece unha entrevista de Alberto Ramos a Jaureguizar centrada na serie Tintimán, que consta xa de tres títulos: Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela e A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña, e Amor de serea.

Tintimán, o booktrailer

«A coroa de Napoleón» e Tintimán no xornal La Opinión da Coruña

«A coroa de Napoleón» e Tintimán no xornal La Opinión da Coruña

Luis P. Ferreiro publica en La Opinión da Coruña un comentario sobre A coroa de Napoleón, de Jaureguizar, así como sobre serie Tintimán.