Publicado o 31 Marzo, 2014 nas categorías Blogs, Centros de ensino, Opinións_lectores/as, Xuvenil
Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis máis de 100 opinións dos seus alumnos e alumnas sobre diversos libros de Manuel Rivas lidos ao longo dun trimestre.
As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.
Ler máis →
Publicado o 5 Abril, 2011 nas categorías Autores
O xornal El Ideal Gallego rescatou da súa hemeroteca, esta fin de semana, a foto da presentación, da primeira novela de Manuel Rivas, Todo ben, no Ateneo da Coruña, presentación na que participaron Xavier Seoane, Xosé Manuel Pereiro, Moncho Viñas e os xogadores do Deportivo Milos e Donowa. No acto, Rivas leu o «Manifesto por un fútbol atlántico» como unha reflexión irónica sobre o fútbol e a propia sociedade.
Ler máis →
Publicado o 30 Setembro, 2010 nas categorías Fóra de Xogo, Narrativa, Reedicións, Xuvenil
A Nosa Terra, nesa estupenda sección denominada «Un libro para cada día», faise eco da reedición na colección Fora de Xogo, de Todo ben, a primeira novela de Manuel Rivas, «unha historia ambientada no Brasil, con moito fútbol, algo de amor e unha chisca de intriga».
Ler máis →
Publicado o 4 Agosto, 2010 nas categorías Asinatura, Autores, Feiras_do_libro, Fóra de Xogo, Noticias
Manuel Rivas asinará na Feira do Libro da Coruña mañá xovés, 5 de agosto, a partir das 19:00 horas, exemplares da nova edición de Todo ben, publicada con motivo do seu vinte e cinco aniversario da aparición da primeira edición.
Ler máis →
Publicado o 19 Xullo, 2010 nas categorías Fóra de Xogo, Merlín, Premios, Reedicións, Teatro, Xerais_nos_medios, Xuvenil
En pleno mes de xullo aínda hai tempo para a choiva, agradécese especialmente cando refresca o ambiente, pero o mellor é enrouchar no mar, esa sensación que lle queda a un cando leva unha porrada de horas dentro da auga.
O corpo pide sol e praia pero tamén quere froita, xeados e por que non, unha sopa, pero unha Sopa de xarope de amora. Este é o título da obra de Xosé A.
Ler máis →
Publicado o 8 Xullo, 2010 nas categorías Asinatura, Autores, Crónica, Infantil, Merlín, Narrativa, Noticias, Premios_Xerais, Presentacións
Xerais xa ten pechado o programa dos actos que realizará na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto no paseo dos xardíns de Méndez Núñez.
Día 2 luns
19:00 h.: Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros de Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela 2009, Ás de bolboreta, Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e do resto da súa obra.
19:30 h.
Ler máis →
Publicado o 9 Xuño, 2010 nas categorías Autores, Fóra de Xogo, Noticias, Reedicións, Xornalismo, Xuvenil
25 anos despois da publicación de Todo ben na colección Xabarín de Xerais, a obra de iniciación narrativa de Manuel Rivas, a vindeira semana chegara ás librarías a nova edicion dentro da colección Fóra de Xogo. Todo ben renace así, tras unha completa revisión do autor, achegando unha segunda vida a unha ficción pioneira da «serie negra» na literatura galega.
Ler máis →