Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: todo_é_silencio

A versión inglesa de «Todo é silencio», de Manuel Rivas, elixida como a segunda mellor novela publicada en 2014

A novela Todo é silencio, de Manuel Rivas, foi elixida por Eileen Battersby como a segunda mellor novela do ano entre todas as obras publicadas en 2014, segundo publica The Irish Times. A tradución ao inglés de All Is Silence está feita por Jonathan Dunne.

As excelentes críticas británicas sobre «Todo é silencio» de Manuel Rivas

A novela Todo é silencio, de Manuel Rivas, colleitou na súa tradución ao inglés (All Is Silence) unha bo feixe de críticas que remarcan a excelencia da novela. Todo é silencio será lanzada en breve en Francia. Reproducimos pequenos fragmentos desas críticas cos seus enlaces.

Ánxel Vázquez de la Cruz e Manuel Rivas: dous autores que me prestan. Artigo de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou en El Correo Gallego un artigo sobre dous libros e autores relacionados: Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, e Todo é silencio, de Manuel Rivas.   Dous autores que me prestan Dicíame un amigo escritor o pouco doado que é no mundiño literario atopar autores dispostos a falar ben dos colegas. A facelo sen reservas, que coa boca pequena calquera o fai.

Extraordinaria recensión da tradución ao inglés de “Todo é silencio” (All Is Silence), de Manuel Rivas, en The Irish Times

O xornal irlandés The Irish Times publicou unha gabanciosa recensión de All Is Silence (Todo é silencio), a versión en inglés da coñecida novela de Manuel Rivas. A autora da recensión, Eileen Battersby, destaca tamén a  importancia crucial doutras dúas novelas de Rivas: The Carpenter’s Pencil (O lapis do carpinteiro) and Books Burn Badly (Os libros arden mal). O xornal Sermos Galiza tamén se fai eco da recensión.

Manuel Rivas participa hoxe no Hay Festival en Gales

Logo da súa participación no Festival  Azabache Mar del Plata os días 16, 17, 18 e 19 de Maio e na Wuppertaler Literatura Biennale, o día 26 de maio,  o escritor Manuel Rivas participa hoxe no Hay Festival de Gales, en Gran Bretaña. A súa intervención terá lugar á sete da tarde e farao acompañado da escritora Jane Lythell, ambos os dous en conversa coa crítica e tamén escritora Stephanie Merritt.

Os libros de Manuel Rivas: 100 opinións dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis máis de 100 opinións dos seus alumnos e alumnas sobre diversos libros de Manuel Rivas lidos ao longo dun trimestre. As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.

Manuel Rivas, no Edimburgh Intenacional Book Festival 2013

A actividade internacional de Manuel Rivas pasou estes días pola súa presenza no Edimburgh Intenacional Book Festival 2013, ao que pertence a imaxe. Así mesmo, publicouse unha nova crítica da tradución inglesa de Todo é silencio que se pode ler aquí (All is silence) e que se suma a outras feitas con anterioridade.

The Guardian publica unha recensión sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas: «All Is Silence» by Manuel Rivas, who writes in Galician

O xornal británico The Guardian publicou unha recensión de Michael Kerrigan sobre Todo é silencio de Manuel Rivas.     All Is Silence by Manuel Rivas A poetic tale of Spanish oppression haunts Michael Kerrigan His passport may be Spanish, but Manuel Rivas is from Galicia, that Land of the Gaels in the far north-west of Spain.

«Todo é silencio», a novela de Manuel Rivas, acaba de ser editada en inglés

A novela Todo é silencio de Manuel Rivas xa está traducida ao inglés e editada por Harvill Secker, que forma parte de Vintage Publishing, o selo onde o autor galego adoita publicar en Gran Bretaña, ambos os dous propiedade de Random House. Reproducimos a sipnose en inglés da novela: Fins and Brinco are best friends, and they both adore the wild and beautiful Leda.

Xerais preparou unha edición especial de “Todo é silencio” con motivo da película de Cuerda

Este venres, 9 de novembro, chega aos cines a película “Todo es silencio” dirixida por José Luís Cuerda e con guión de Manuel Rivas. Con este motivo Xerais preparou unha edición especial conmemorativa con sobrecuberta ilustrada co cartel do filme.

Rivas recolle os «murmurios» de pequeno en «As voces baixas», crónica de «La Voz de Galicia»

Rodrí García publica nas páxinas de La Voz de Galicia unha crónica da lectura de Manuel Rivas na Feira do Libro da Coruña. Reproducimos o texto no que se presta atención ao anuncio da publicación d’ As voces baixas e a estrea da película de José Luís Cuerda baseada en Todo é silencio. Do silencio ao murmurio.

Novela da vida, crónica da lectura de Manuel Rivas

Manuel Bragado, o director de Xerais, publica no seu blog a crónica da lectura realizada onte por Manuel Rivas na Feira do Libro da Coruña. No acto presentouse o avance d’ As voces baixas, que xerais publicará na colección Narrativa durante a primeira semana de outubro. Empezou forte a Feira do Libro da Coruña.