Publicado o 23 Xullo, 2012 nas categorías Asinatura, Autores, Feiras_do_libro, Narrativa, Noticias
O mércores, 1 de agosto, ás 20:00 horas, Manuel Rivas realizará unha lectura de fragmentos da súa obra: un conto inédito de O máis estraño, un capítulo de Todo é silencio e inéditos do libro de próxima aparición en Xerais titulado As voces baixas. Ao remate da lectura, Manuel Rivas asinará exemplares da súa obra.
Ler máis →
Publicado o 4 Maio, 2012 nas categorías Autores, Noticias, Televisión
O escritor galego Manuel Rivas falou de literatura na televisión irlandesa con motivo da súa participación no Festival Cúirt de Galway a finais de abril.
Durante o festival, Rivas, xunto co escritor vasco Kirmen Uribe, mantivo unha conversa co seu tradutor, Jonathan Dunne, sobre literatura e identidade.
Ler máis →
Publicado o 22 Decembro, 2011 nas categorías Cine, Narrativa, Vídeos
Redelibros publicou o vídeo da conversa do xornalista Manuel Jabois con Manuel Rivas e José Luis Cuerda.
O escritor Manuel Rivas e o cineasta José Luis Cuerda falan co xornalista pontevedrés Manuel Jabois dos camiños de ida e volta que unen a literatura e o cine, a partir das súas experiencias con “A lingua das bolboretas” e “Todo é silencio”, a última novela de Rivas que Cuerda está rodando en Galicia.
Ler máis →
Publicado o 6 Outubro, 2011 nas categorías Blogs, Narrativa, Noticias
O crítico Xosé Manuel Eyré publica un post no que escolle as que, ao seu xuízo, son as 10 mellores novelas de 2010. Reproducimos aquí as que corresponden a Xerais. O listado enteiro pode consultarse no seu blog.
1. O coitelo en novembro, Marilar Aleixandre
3. Periferia , Iolanda Zúñiga
4. Todo é silencio, Manuel Rivas
6. Denso recendo a salgado, Manuel Portas
10.
Ler máis →
Publicado o 29 Setembro, 2011 nas categorías Cine, Narrativa, Noticias
Os actores da película que dirixe José Luis Cuerda a partir da novela Todo é silencio, de Manuel Rivas, agradecéronlle onte ao escritor, na presentación pública da longametraxe, que tivo lugar en Oza dos Ríos, que crease os personaxes da novela, que «son un agasallo».
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2011 nas categorías Artigos literarios, Autores, Narrativa, Noticias
El País publicaba o sábado unha reportaxe de José Luis Estévez sobre o íntimo lugar que escolle Manuel Rivas para escribir.
Ler máis →
Publicado o 16 Setembro, 2011 nas categorías Cine, Narrativa, Noticias
Alicia G. Arribas publica unha información no Galicia Hoxe sobre a rodaxe, en Carnota, de Todo é silencio, a película de Cuerda baseada na novela de Manuel Rivas.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2011 nas categorías Cine, Narrativa, Noticias
Onte comezou en Galicia, a rodaxe da nova película de José Luis Cuerda, Todo é silencio, baseada na novela de Manuel Rivas. A longametraxe, como a novela, relata como un grupo de novos amigos descobre o segredo de Noitía, o contrabando, e admira ao grande capo, Mariscal. A lei é non ver nin oír. A boca é para calar. O vello poder esténdese co narcotráfico e envelénao todo. O destino dos mozos enfróntase con violencia.
Ler máis →
Publicado o 24 Agosto, 2011 nas categorías Autores, Entrevistas, Natureza
O xornal asturiano El Comercio publicou unha entrevista con Manuel Rivas sobre a súa novela Todo é silencio. Na entrevista, que se pode descargar en dous pdf desde aquí e aquí, o escritor declara que «o verdadeiro produto tóxico é o poder, o control e a corrosión social que minan os valores cívicos».
Ler máis →
Publicado o 22 Agosto, 2011 nas categorías Cine, Narrativa, Noticias
Nunha semana comezará a rodaxe da película Todo é silencio, baseada na novela de Manuel Rivas, que será dirixida por José Luis Cuerda. Diversos medios, como Xornal de Galicia e Galicia Hoxe informan deste feito.
A cinta está protagonizada por Quim Gutiérrez, Miguel Ángel Silvestre, Celia Freijeiro, Juan Diego e Xoque Carvajal.
Ler máis →
Publicado o 3 Agosto, 2011 nas categorías 2011, Autores, Crónica, Feiras_do_libro, Lingua, Narrativa, Noticias, Presentacións
Hoxe na Feira do Libro da Coruña os actos de Xerais estarán protagonizados por Manuel Rivas que presentará a súa novela Todo é silencio e por Carlos Callón o seu libro máis recente Como defenderes os teus dereitos lingúísticos. No serán do venres, día 5, Federico Cocho presentará o seu libro Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, publicado na colección Crónica.
Ler máis →
Publicado o 2 Agosto, 2011 nas categorías Autores, Crónica, Entrevistas, Feiras_do_libro, Narrativa, Noticias, Presentacións
Hoxe na Feira do Libro da Coruña o acto de Xerais estará protagonizado por Agustín Fernández Paz que conversará con Óscar Sánchez e Iago Martínez sobre Non hai noite máis longa a súa novela máis recente. Mañá, mércores, Manuel Rivas presentará a súa novela Todo é silencio e Carlos Callón o libro Como defenderes os teus dereitos lingúísticos.
Ler máis →