Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: todo_é_silencio

Actos de Xerais na Feira do Libro da Coruña

Día 1 luns de agosto ás 20:00 horas: Presentación Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas.  Participan: Manuel Bragado, o autor e o Grupo Loaira. ás 20:45 horas: Presentación Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas. ás 21:15 horas: Presentación Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo de Xesús Alonso Montero .

Manuel Rivas alerta na presentación de «Todo é silencio» na Feira do Libro de Bogotá dos perigos da indiferencia

O xornal Galicia Hoxe inclúe unha crónica sobre a presentación por parte de Manuel Rivas de Todo é silencio na Feira do Libro de Bogotá. Reproducímola integramente.

«Todo é silencio», «O pintor do sombreiro de Malvas» e «Randea do alento», Premios AELG

O sábado pola noite falláronse en Santiago de Compostela os Premios AELG, concedidos pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. En libros de Xerais recaeron os galardóns de tres das categorías. Na categoría de Narrativa, o premio foi para Todo é silencio, de Manuel Rivas. Na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil o premio foi para O pintor do sombreiro de Malvas, de Marcos Calveiro.

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2010

Todo é silencio de Manuel Rivas obtivo o Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2010. O galardón, outorgado pola Asociación Galega de Editores, foi entregado o pasado sábado, 12 de marzo, en Lugo no seo da Noite da Edición. Os nosos parabéns  a Manuel Rivas que xa obtivera con esta mesma obra o Premio Fervenzas Literarias á mellor obra de ficción do pasado ano.

Finalistas dos Premios AELG 2011

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo público hoxe os finalistas dos seus premios anuais. Tras unha votación dos seus asociados anunciou os finalistas tanto nas categorías de libros editados como de blogs e xornalismo. A gala de entrega dos premios será o 30 de abril en Santiago. Os membros da AELG serán tamén quen escollan de entre os finalistas os galardoados. Blog Literario 1.

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, finalista do Premio de Novela Europea Casino de Santiago

A última novela de Manuel Rivas, Todo é silencio, foi elixida onte entre as cinco novelas finalistas do Premio de Novela Europea Casino de Santiago. Xunto coa obra de Manuel  Rivas,  as outras novelas seleccionadas foron foron da irlandesa Emma Donoghue, do holandés Herman Koch, do asturiano Menéndez Salmón e do italiano Gianrico Carofiglio. Todas elas foron publicadas durante o ano 2010.

«Todo é silencio», segunda edición

Agotados os 12.000 exemplares da primeira edición, comeza a chegar ás librarías exemplares da segunda edición de Todo é silencio de Manuel Rivas. Até agora, Todo é silencio foi recoñecida cos Premio de Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de adultos de 2010 e á mellor portada de adultos.

“Todo é silencio” de Manuel Rivas será publicada en inglés e francés

Todo é silencio, a máis recente novela de Manuel Rivas,  será publicada en francés pola editorial Gallimard e en inglés por Harvill Secker, selo de Random House. Nesta mesma editorial publicouse, no pasado mes de febreiro, a edición de peto d´ Os libros arden mal ( Books Burn Badly) na Colección Vintage, logo da gran acollida da edición en tapa dura aparecida hai un ano.

Extenso comentario sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas, no blog Ler e ver, de Juan Romero

O blog Ler e ver, do profesor de lingua e literatura españolas Juan Romero, inclúe un extenso comentario crítico sobre a novela Todo é silencio, de Manuel Rivas. Reproducimos algúns parágrafos: (…)  A verdade é que hai tempo que non lía nada de Manuel Rivas e esta última que apareceu recentemente tiña unha historia que me parecía atrainte e tiña algunha boa recomendación dela.

Manuel Rivas asinará libros en Vigo o próximo xoves 3 de marzo

Manuel Rivas asinará libros en Vigo o próximo xoves 3 de marzo

O escritor Manuel Rivas estará asinando exemplares de Todo é silencio e de todos os seus libros o xoves 3 de marzo, a partir das 18:00 horas, na Casa do Libro de Vigo.

Libros de Xerais finalistas nos Premios da Edición 2010

A Asociación Galega de Editores fixo públicos esta fin de semana os libros e autores finalistas nos Premios da Edición 2010, que serán entregados en Lugo o sábado 12 de marzo durante o transcurso da Noite da Edición.

Crítica de Vicente Araguas sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa publicaron unha recensión crítica de Vicente Araguas sobre Todo é silencio, de Manuel Rivas, baixo o título de «Como certa vida mesma». Reproducimos algúns parágrafos: «Teño a completa sensación de estar diante dun “artefacto”.