Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: todo_é_silencio

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, recensión no blog «Mesturas»

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, recensión no blog «Mesturas»

O blog Mesturas publica un post cunha recensión crítica sobre a novela Todo é silencio, de Manuel Rivas, que reproducimos integramente: Quizais sexa a novela que mellor se deixa ler de Manuel Rivas. Os primeiros capítulos están máis na liña das anteriores. Preséntannos os personaxes e o ambiente no que se moven. Son uns capítulos moi fermosos cunha lingua moi coidada e ás veces poética.

«Todo é silencio», booktrailer

[kml_flashembed movie="https://www.youtube.com/v/hza4zvhKPz4" width="600" height="450" wmode="transparent" /] Booktrailer de promoción da novela Todo é silencio de Manuel Rivas, editada orixinalmente en lingua galega por Edicións Xerais de Galicia. A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez. A música e a interpretación é de Lara Domínguez.

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, en Trafegando Ronseis

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis recolle a opinión dunha colaboradora sobre Todo é silencio de Manuel Rivas. Trátase da valoración dunha lectora que podemos ler aquí. O texto remata deste xeito: «porque temos boca e falamos, temos ollos e vemos, temos oído e oímos, recomendámosvos a lectura desta novela».

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre a novela Todo é silencio, de Manuel Rivas.

Crítica de Eyré sobre «Todo é silencio» de Manuel Rivas

Xosé Manuel Eyré publica hoxe en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre Todo é silencio, de Manuel Rivas, logo de que adiantase algunhas opinións sobre o libro no seu blog. A recensión, publicada baixo o título «As áncoras da vida e da podremia» pode lerse integramente aquí. Reproducimos algúns parágrafos: (…) Dicir que é o máis acertado de Todo é silencio non resulta doado.

A última novela de Manuel Rivas, «Todo é silencio», será levada ao cine

A última novela de Manuel Rivas, «Todo é silencio», será levada ao cine

Faro de Vigo e La Opinión recollen hoxe a nova, asinada por Mar Mato, na que se dá conta de que a produtora galega Milou Films iniciou xa os pasos necesarios para levar ao cine a última novela de Manuel Rivas, Todo é silencio, que saíu á luz, editada por Xerais, hai a penas unhas semanas. A información recolle declaracións da responsable da empresa, Elisa Saldaña, que explica que aínda non se realizou o casting.

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, moi ben valorado tamén na tradución ao castelán

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, moi ben valorado tamén na tradución ao castelán

Esta pasada fin de semana comezaron a aparecer as primeiras valoracións da tradución ao castelán de Todo é silencio, de Manuel Rivas, que está sendo moi ben recibida pola crítica. Nese sentido vai a recensión aparecida esta fin de semana en Babelia, así como esta outra. Outro texto salientable sobre o libro é o do blog de Juan Cruz.

Entrevista a Manuel Rivas: «Pódese estudar a sociedade desde a súa historia delictiva»

Entrevista a Manuel Rivas: «Pódese estudar a sociedade desde a súa historia delictiva»

O xornalista Manuel Jabois publica unha longa entrevista con Manuel Rivas na Revista do Diario de Pontevedra con motivo da publicación da novela Todo é silencio. «Pódese estudar a sociedade desde a súa historia delictiva», declara Rivas, «normalmente tendemos a contar a historia dende unha identidade positiva, pero tamén é importante ver o lado escuro.

Jaureguizar entrevista a Manuel Rivas: «O tema da novela é a loita polo poder»

Jaureguizar entrevista a Manuel Rivas: «O tema da novela é a loita polo poder»

O xornal El Progreso de hoxe recolle unha entrevista que o escritor e xornalista Jaureguizar lle fai a Manuel Rivas con motivo da publicación da súa última novela Todo é silencio.

Artigo de Manuel Gago sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Artigo de Manuel Gago sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

O xornalista Manuel Gago publica no seu blog un artigo sobre Todo é silencio, de Manuel Rivas, no que asegura, entre outras cousas: A prosa de Rivas é poderosa, é unha sucesión de frases de impacto. Recórdame por veces a un videoclip: todo intenso, todo forte, todo ten que impactar.

Eyré sobre “Todo é silencio”: “Balzac escribiría hoxe algo polo estilo”

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog unha anotación na que compila todas as anteriores que publicou arredor de Todo é silencio, a novela de Manuel Rivas. Adiantamos uns cantos parágrafos da crítica que publicará proximamente na edición dixital do xornal A Nosa Terra: Dicir que é o máis acertado de Todo é silencio non resulta doado.

«Todo é silencio», crítica de Manuel Candelas no blog Arume dos Piñeiros

Manuel Candelas publica no seu blog Arume dos Piñeiros unha crítica de Todo é silencio. Recollemos apenas un dos parágrafos dun texto no que se analiza moi polo miúdo o texto recente de Manuel Rivas: Esta novela de Rivas Todo é silencio (cuxo título rememora o verso rosaliano) tampouco defrauda esa determinación previa.