Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: todo_isto_che_darei

A novela galega de Dolores Redondo non dá tregua: «Todo isto che darei». Crítica de Cristina Fernández

A revista Coolt publicou unha crítica de Cristina Fernández sobre a novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016.     Dolores Redondo e a súa novela galega Poucos acontecementos literarios levantaron tanta expectación a finais de 2016 como o regreso de Dolores Redondo despois da triunfal triloxía do Baztán.

Os máis vendidos: libros de Ledicia Costas, Dolores Redondo, Jacobo Fernández Serrano e Iago López

  Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante os meses de decembro e xaneiro a partir da información proporcionada por 12 librarías galegas. A novela gañadora do último Premio Planeta, Todo isto che darei, de Dolores Redondo encabeza a lista dos libros máis vendidos na categoría de Narrativa.

As súas case 700 páxinas devórannos, déixannos exhaustas: «Todo isto che darei», de Dolores Redondo. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A Ribeira Sacra, espazo literario de autores como Dolores Redondo e Xabier Quiroga. Artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo

O editor Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no Faro de Vigo un artigo, que tamén recolle no seu blog, sobre a Ribeira Sacra literaria, escenario de diversas novelas do escritor Xabier Quiroga e da recentemente publicada novela Todo isto che darei de Dolores Redondo.

Dolores Redondo: «Quen lea a miña novela percibirá que namorei da Ribeira Sacra»

La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Francisco Albo sobre a novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016. (Fotografía de Roi Fernández).

Dolores Redondo: «Hai poucos lugares que conxuguen a beleza da paisaxe e o orgullo da xente»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016.     Dolores Redondo presenta «Todo isto che darei» na Ribeira Sacra Intensa xornada a de onte na Ribeira Sacra na que presentamos Todo isto che darei, a versión galega da novela de Dolores Redondo gañadora do Premio Planeta 2016.

Dolores Redondo, gañadora do Premio Planeta 2016, visita a Ribeira Sacra para falar da súa novela «Todo isto che darei»

Galicia confidencial publicou unha información sobre a novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016, e a próxima visita da súa autora á Ribeira Sacra.     A gañadora do Premio Planeta 2016 visita a Ribeira Sacra Dolores Redondo chega a Monforte convidada polo alcalde e da man de edicións Xerais para presentar “Todo isto che darei”.

A novela do Premio Planeta, en galego e ambientada en Galicia: «Todo isto che darei», de Dolores Redondo

O Diario de Ferrol publicou unha información sobre a novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016. A información pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Rolda de prensa na Casa Grande de Rosende, en Sober e presentación en Monforte de “Todo isto che darei” de Dolores Redondo (Premio Planeta 2016)

O martes, 27, ás 12:00 horas, na Casa Grande de Rosende, en Sober, terá lugar un encontro da autora con xornalistas. O mesmo  martes, 27 de decembro, ás 19:00 horas, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, rúa Comercio, 6, de Monforte, terá lugar a presentación da novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016.

Novidade: «Todo isto che darei», de Dolores Redondo. Unha investigación á procura da verdade na Ribeira Sacra. Premio Planeta 2016

Todo isto che darei, de Dolores Redondo, traducida ao galego por Dolores Torres París, é a novela gañadora do Premio Planeta 2016. Premio Planeta 2016 Álvaro sofre un accidente na Ribeira Sacra que rematará coa súa vida. Cando Manuel, o seu home, chega a Galicia para recoñecer o cadáver, descobre que a investigación sobre o caso se pechou con demasiada rapidez.

«Todo isto che darei», de Dolores Redondo, a novela gañadora do Premio Planeta que converte a Ribeira Sacra nun espazo literario

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a a novela Todo isto che darei, de Dolores Redondo, Premio Planeta 2016.     O Planeta en galego Entrou onte no almacén Todo isto che darei, a tradución en lingua galega da novela pola que Dolores Redondo gañou o premio Planeta 2016.