Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: triloxía_do_baztán

«Todo isto che darei», de Dolores Redondo, a novela gañadora do Premio Planeta que converte a Ribeira Sacra nun espazo literario

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a a novela Todo isto che darei, de Dolores Redondo, Premio Planeta 2016.     O Planeta en galego Entrou onte no almacén Todo isto che darei, a tradución en lingua galega da novela pola que Dolores Redondo gañou o premio Planeta 2016.

A mellor das tres: «Ofrenda á tormenta», de Dolores Redondo. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre a novela Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo, o derradeiro volume da triloxía_do_Baztán.   Remate da triloxía do Baztán Con esta novela, péchase a triloxía do Baztán na liña do best-seller ben feito, como indicamos cando hai xa case dous anos comentabamos aquí o primeiro volume da serie, O gardián invisible.

«Ofrenda á tormenta», de Dolores Redondo, o libro máis vendido en Narrativa, xunto con «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas, en Xuvenil

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de decembro a partir da información proporcionada por 12 librarías galegas. A novela Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo, é o libro máis vendido no  ámbito da Narrativa e Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, é o libro máis vendido en Xuvenil.

Dolores Redondo: «A miña novela é policíaca pero trascende desde os personaxes protagonistas como Amaia Salazar»

Radiofusión emitiu unha entrevista con  Dolores Redondo sobre a novela Ofrenda á tormenta, a derradeira da exitosa triloxía do Val de Baztán.   Dolores Redondo: “Amaia Salazar descubre a razón dos medos do val de Baztán” Os avós de Dolores Redondo son de Sanxenxo (Pontevedra) “Por fin imos chegar ás orixes de todas as preguntas que quedaron pendentes nos anteriores volumes.

Novidade: «Ofrenda á tormenta», de Dolores Redondo. A inspectora Amaia Salazar volve estar en galego nas librarías

A novela Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo, xa está nas librarías galegas,  e constitúe o derradeiro volume da triloxía_do_Baztán. Na derradeira e contundente novela da triloxía de Dolores Redondo ambientada no Val do Baztán, topamos de novo coa inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral de Navarra, un dos personaxes máis singulares da novela negra publicada nos últimos anos.

«Ofrenda á tormenta», de Dolores Redondo: a novela que pecha unha triloxía con lexión de seguidores. Anotación de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da Crítica unha anotación sobre a novela Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo, que empeza a chegar, desde hoxe xoves, ás librarías galegas.

Con «Ofrenda á tormenta», de Dolores Redondo, Xerais completa a triloxía do Val do Baztán, que se poderá ver proximamente nas pantallas dos cines

Hoxe chegou á editorial a novela Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo. Con esta nova e derradeira novela, Xerais verque ao galego esta destacada triloxía dunha das autoras de máis éxito internacional dos últimos meses.  O primeiro título publicado foi O gardián invisible, unha engaiolante novela protagonizada pola inspectora da Policía Foral Navarra Amaia Salazar.

«O gardián invisible», de Dolores Redondo, unha escritora que regresa estes días. A opinión dunha estudante

O blog As estelas dos ronseis a opinión dunha estudante sobre a novela O gardián invisible, de Dolores Redondo. Na primeira semana de decembro, estará nas librarías a derradeira novela da triloxía do Baztán, de Dolores Redondo: Ofrenda á tormenta.