Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: unha_fábrica_de_bicos

Das calidades da paciencia: «Unha fábrica de bicos», de María Canosa. Anotación de María Navarro no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Unha fábrica de bicos, de María Canosa, con ilustracións de Dani Padrón, publicado por Xerais na colección: Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2020

Do 1 ao 10 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña 2020 na que Xerais ten preparado o programa seguinte:  Sábado, 1 de agosto  18:00 h.: Elba Pedrosa asinará O que non sabías 18:00 h.: Amador Castro Moure asinará Shangai a Barcelona 19:00 h.: Arancha Nogueira asinará  Dente de leite. 20:00 h.: Manuel Rivas asinará O Chispas e o resto da súa obra. 21:00 h.

Un divertido relato sobre o dereito a elexir momentos e persoas para bicar: «Unha fábrica de bicos», de María Canosa e Dani Padrón. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Unha fábrica de bicos, de María Canosa, con ilustracións de Dani Padrón, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

Unha obra que estimula o imaxinario dos mais pequenos e o pensamento dos maiores: «Unha fábrica de bicos», de María Canosa. Anotación en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha noticia sobre os novos libros publicados pola escritora ceense María Canosa, con mención a dous títulos publicados por Xerais: O lado do que dormes e Unha fábrica de bicos. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Os libros infantís máis esperados e celebrados: «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea», de Rosa Aneiros e «Unha fábrica de bicos», de María Canosa. Reportaxe no xornal «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe asinada por Olalla Sánchez sobre as novidades editoriais para a rapazada, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Unha fábrica de bicos, de María Canosa e Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, de Rosa Aneiros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nestas ligazóns: Os libros infantís máis esperados e celebrados. La Voz de Galicia 1.

Novidade: «Unha fábrica de bicos», de María Canosa. A historia de Mindi, una nena á que non lle gustan os bicos

Unha fábrica de bicos, de María Canosa, con ilustracións de Dani Padrón, é unha novidade da colección Pequeno Merlín de Xerais. A Mindi non lle gustan os bicos. Nin sequera un pouco, a pesar de recibilos. Esa pode ser a razón de que non os dea. Quizais si ou quizais non.