Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: veleno_de_tinta_impresa

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2020

Do 1 ao 10 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña 2020 na que Xerais ten preparado o programa seguinte:  Sábado, 1 de agosto  18:00 h.: Elba Pedrosa asinará O que non sabías 18:00 h.: Amador Castro Moure asinará Shangai a Barcelona 19:00 h.: Arancha Nogueira asinará  Dente de leite. 20:00 h.: Manuel Rivas asinará O Chispas e o resto da súa obra. 21:00 h.

A escritora ceense Rocío Leira gaña o XXII Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa obra «Afogada». Noticia nos medios e na rede

A escritora ceense Rocío Leira gañou o 22º Certame de Narración Curta Ánxel Fole co traballo titulado: Afogada. O certame está convocado polo Concello de Lugo en colaboración con Xerais. (Imaxe: Veleno de tinta impresa, de Xosé Antonio Neira Cruz, obra gañadora da anterior edición).

Programa de Xerais na Feira do Libro de Santiago 2020

Do 13 ao 21 de xuño terá lugar, na Alameda de Compostela, a Feira do Libro de Santiago 2020 na que Xerais ten preparado o programa seguinte: SÁBADO 13 de XUÑO 10.20 horas: Pregón de inauguración a cargo de María Solar. 13.00 horas: María Solar asinará Quokka Moka e o resto da súa obra. 18.00 horas: Elba Pedrosa asinará O que non sabías 19.00 horas: Xosé A. Neira Cruz asinará Veleno de tinta impresa e o resto da súa obra.

Unha viaxe no tempo entre a realidade e a ficción ata a Coruña de principios do século XX: «Veleno de tinta impresa», de Xosé Antonio Neira Cruz. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela Veleno de tinta impresa, de Xosé Antonio Neira Cruz,  publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo, 2019.

Unha homenaxe a todas aquelas mulleres pioneiras que puxeron enriba da mesa a reivindicación feminina: «Veleno de tinta impresa», de Xosé Antonio Neira Cruz. Crítica de Pilar Ponte

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre a novela Veleno de tinta impresa, de Xosé Antonio Neira Cruz, publicada por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo, 2019. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Cando ler o xornal é viaxar polo mundo: «Veleno de tinta impresa», de Xosé Antonio Neira Cruz. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e nas páxinas de Cultura do xornal La Voz de Galicia unha anotación sobre o libro: Veleno de tinta impresa, de Xosé Antonio Neira Cruz, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo, 2019.

Unha novela de áxil lectura, temáticamente comprometida e moi ben escrita: «Veleno de tinta impresa», de Xosé Antonio Neira Cruz. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre o libro: Veleno de tinta impresa, de Xosé Antonio Neira Cruz, publicado por Xerais na colección: Narrativa.

«Veleno de tinta impresa», de Xosé Antonio Neira Cruz, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro: Veleno de tinta impresa, de Xosé Antonio Neira Cruz, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo, 2019. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Unha novela que nos leva á sociedade coruñesa do século pasado para amosarnos a loita da muller pola igualdade: «Veleno de tinta impresa», de Xosé Antonio Neira Cruz. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Veleno de tinta impresa, de Xosé Antonio Neira Cruz, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo, 2019.   Veleno de tinta impresa, de Xosé Antonio Neira Cruz   Interesoume moito esta achega que nos fai Xosé A.

Novidade: «Veleno de tinta impresa», de Xosé A. Neira Cruz. Unha homenaxe ás pioneiras que abriron camiño

Veleno de tinta impresa, de Xosé A. Neira Cruz, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo, 2019. Elvira Morales, unha moza nacida a finais do século XIX, acaba de rematar os estudos de maxisterio e toma a decisión de apostar polo seu soño de traballar como xornalista nunha sociedade en que ese cometido está reservado para os homes.

O escritor Xosé Antonio Neira Cruz gaña o XXI Certame de Narración Curta Ánxel Fole, coa novela «‘Veleno de tinta imprensa». Noticia no xornal El Progreso

O escritor Xosé Antonio Neira Cruz gañou o XXI Certame de Narración Curta Ánxel Fole, coa novela Veleno de tinta imprensa. O certame está organizado polo Concello de Lugo e está dotado con 4.000 euros, ademais da publicación da obra premiada a cargo da Editorial Xerais.