Publicado o 27 Outubro, 2011 nas categorías Narrativa, Premios, Presentacións
O venres, 28 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12 de Vigo, terá lugar a presentación da novela Vía secundaria de An Alfaya (Premio de Novela por entregas “La Voz de Galicia” 2010). No acto intervirán, Ramón Nicolás, Manuel Bragado e a autora.
Ler máis →
Publicado o 3 Outubro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
Manuel Rodríguez Alonso publicou unha recensión crítica sobre Vía secundaria, de An Alfaya.
Pódese ler a recensión aquí.
Ler máis →
Publicado o 29 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Vía secundaria, de An Alfaya.
Cavorcos de soidade
Con acenos de novela negra
Por veces, un bo desenvolvemento narrativo é capaz de anular as distancias que median entre as chamadas baixa / alta literatura.
Ler máis →
Publicado o 27 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Armando Requeixo publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Vía secundaria, de An Alfaya.
A narración, externamente estruturada nos trinta e un capítulos preceptivos do premio, relata a historia dun atropelo nunha vía secundaria (de aí o título, tamén de forte carga simbólica) e a relación —directa ou indirecta— que tres parellas de personaxes gardan co suceso.
(…)
Pode lerse completa aquí.
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión sobre Vía secundaria, de An Alfaya, nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego.
Unha novela por entregas
Non lera no seu momento, nin xunta nin por separado,esta narración de An Alfaya, Vía secundaria (Xerais, Vigo 2011), gañadora do Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.
Ler máis →
Publicado o 23 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
O suplemento Luces de El País publica un artigo de Dolores Vilavedra en que, baixo o título de «Pintan bastos», realiza unha panorámica crítica sobre os últimos títulos publicados, citando a tradución dos Sonetos de Shakesperare, feita por Ramón Gutiérrez Izquierdo e facendo un breve percorrido por Despois da medianoite, de Salma, e Vía secundaria, de An Alfaya.
Ler máis →
Publicado o 23 Agosto, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa, Premios
Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Vía secundaria, a obra de An Alfaya gañadora do Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2011.
Ler máis →
Publicado o 3 Agosto, 2011 nas categorías 2011, Autores, Narrativa, Noticias, Novidades, Premios, Xerais_nos_medios
La Voz de Galicia faise eco da aparición de Vía secundaria, a obra de An Alfaya gañadora do Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2011.
Xerais vén de publicar Vía secundaria, a novela de An Alfaya que o ano pasado foi a gañadora do décimo Premio de Novela por entregas de La Voz.
Ler máis →
Publicado o 27 Xullo, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
O Atlántico Diario publicou unha recensión sobre Vía secundaria, de An Alfaya.
En Edición Xerais de Galicia, narrativa, 102 páxinas.
Ler máis →
Publicado o 19 Xullo, 2011 nas categorías Críticas, Letras_galegas, Narrativa
Ramón Nicolás repasa no seu Breviario de Biblos algúns dos últimos títulos publicados por Xerais:
1. Entrevístase neste número de Biblos. Clube de Lectores a Agustín Fernández Paz e, en boa lóxica, ocupa moita atención nela o seu último libro: Non hai noite tan longa.
Ler máis →
Publicado o 12 Xullo, 2011 nas categorías Narrativa, Novidades
Vía secundaria, a novela de An Alfaya que foi Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2010, é unha das novidades da colección Narrativa do mes de xullo.
Na vía secundaria que conduce ao polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva. Ese desafortunado incidente marcará un punto de inflexión nas vidas das persoas que participan no suceso até situalas nunha calella con poucas saídas.
Ler máis →
Publicado o 22 Xullo, 2010 nas categorías Autores, Narrativa, Noticias, Premios
Expresamos os nosos maiores parabéns a An Alfaya que coa novela Vía secundaria resultou gañadora da Xª edición do Premio La Voz de Galicia de novela por entregas. Con este novo galardón, An Alfaya consolida unha das traxectorias máis sólidas e aclamadas da actual narrativa galega. Aconsellamos seguir, a partir do primeiro de agosto, as 31 entregas desta prometedora novela.
Ler máis →