Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: wolfram

Alberto Varela: «Galicia converteuse nun escenario máis na Segunda Guerra Mundial, con intereses aliados e nazis en conflito». Entrevista en «Radio Xallas» sobre: «Wolfram»

O programa Na Encrucillada, de Radio Xallas, emitiu unha entrevista co ilustrador Alberto Varela sobre o libro: Wolfram. Espías, nazis e maquis, publicado por Xerais na colección Cómics. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Unha novela gráfica de aventuras arriscadas ateigada de historia galega e europea: «Wolfram», de Alberto Varela Ferreiro. Crítica de Antonio García Teijeiro en «Versos e aloumiños»

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Wolfram, de Alberto Varela Ferreiro, publicado por Xerais na colección Cómics.   «Wolfram», de Alberto Varela Ferreiro   O Lector non está moi afeito a ler cómic. Valora enormemente este xénero e sempre está atento a certos títulos que lle poden interesar.

Unha historia ficcional que convida a coñecer o vínculo entre o wolframio e Galiza: «Wolfram», de Alberto Varela Ferreiro. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro Wolfram.

Alberto Varela: «Wolfram pode ser unha ferramenta para iniciar aos rapaces na lectura, no uso do galego e no coñecemento da historia». Entrevista no «Diario Cultural» da Radio Galega

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co ilustrador Alberto Varela Ferreiro sobre o libro: Wolfram. Espías, nazis e maquis, publicado por Xerais na colección: Cómics. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

O cómic como ferramenta informativa que achega unha parte da historia de Galicia non moi coñecida: «Wolfram», de Alberto Varela Ferreiro. Recomendación do blog «Rede Lectura»

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda o libro: Wolfram, de Alberto Varela Ferreiro, publicado por Xerais na colección: Cómics.   «Wolfram», de Alberto Varela Ferreiro A editorial Xerais vén de publicar a última obra de Alberto Varela Ferreiro: Wolfram. Espías, nazis e maquis.

Alberto Varela: «Tratei de que fose un cómic entretido que espertase no lector a curiosidade nesa época». Entrevista en «La Voz de Carballo» sobre: «Wolfram»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha entrevista asinada por S. G. Rial ao deseñador gráfico Alberto Varela Ferreiro sobre o libro: Wolfram, publicado por Xerais na colección Cómics. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Dous espías na Galicia da Segunda Guerra Mundial: «Wolfram», de Alberto Varela Ferreiro. Anotación en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación asinada por Xesús Fraga sobre o libro: Wolfram. Espías, nazis e maquis, de Alberto Varela Ferreiro, publicado por Xerais na colección: Cómics. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Wolfram», de Alberto Varela Ferreiro. Unha historia de espías, nazis e maquis no contexto da Segunda Guerra Mundial co volframio como protagonista

Wolfram. Espías, nazis e maquis, de Alberto Varela Ferreiro, é unha novidade da colección Cómics de Xerais. 1939, a Guerra Civil española remata pero un conflito moito máis grande está a piques de estoupar en Europa e no mundo, no que as novas tácticas e as novas armas van facer do volframio un mineral esencial e escaso no planeta. W. C. Morgan é destinado á sucursal de The Anglo South American Bank Ltd. en Galicia.

Xerais aposta por boas historias para o público máis novo. Reportaxe no xornal «Nós Diario»

O xornal Nós Diario publicou unha reportaxe sobre as novidades das editoriais galegas para o tempo de lecer, con mención a varios títulos publicados por Xerais.   As editoriais procuran público entre a nenez e a mocidade As editoras Xerais, Galaxia e Baía fornecen a poboación galega dun bo número de títulos para o seu tempo de lecer.

Un libro moi recomendable polo seu interese gráfico e documental que non debe faltar en ningunha comicteca galega: «Wolfram», de Alberto Varela. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Wolfram, de Alberto Varela, publicado por Xerais na colección Cómics.   ‘Wolfram’, de Alberto Varela   Unha das noticias máis esperanzadoras da edición galega actual é a publicación normalizada de libros de banda deseñada nos catálogos das editoras xeralistas.

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2020

Do 1 ao 10 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña 2020 na que Xerais ten preparado o programa seguinte:  Sábado, 1 de agosto  18:00 h.: Elba Pedrosa asinará O que non sabías 18:00 h.: Amador Castro Moure asinará Shangai a Barcelona 19:00 h.: Arancha Nogueira asinará  Dente de leite. 20:00 h.: Manuel Rivas asinará O Chispas e o resto da súa obra. 21:00 h.

Varios títulos de Xerais, na listaxe dos libros máis vendidos na primeira quincena de xullo de 2020 que publica Biosbardia

O blog Biosbardia, en colaboración coa distribuidora Arnoia e coas librarías do grupo Punto e Coma (Ourense e Carballo), Libraría Pedreira (Santiago) e Aira das Letras (Allariz), publica unha lista de libros máis vendidos para a que só se teñen en conta os títulos publicados cunha antigüidade menor de doce meses. Tamén reedicións, non reimpresións.