Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xabier_paz

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2019

Do 1 ao 11 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 1 de agosto, xoves 19:00 horas: Presentación de Quokka Moka de María Solar con ilustracións de Víctor Rivas. Participan Víctor Rivas e María Solar. Ao remate sinatura ilustrada. 19:45 horas:  Conversa entre Érica Esmorís, Quen salva un can e Andrea Maceiras, Conta nove estrelas, Premio Lazarillo 2018.

Xabier Paz: «Un dos fíos importantes da vida de Galileo foi a súa relación coas mulleres». Entrevista en «Radiovoz» sobre: «Galileo no espello da noite»

O programa Con voz de, de Radiovoz, emitiu na súa sección: A noite necesaria unha entrevista con Xabier Paz sobre o libro: Galileo no espello da noite, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Xabier Paz: «Unha vez que te asomas ao mundo de Galileo sentes vertixe, pero xa non podes deixar de mirar». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Galileo no espello da noite»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Xabier Paz sobre o libro: Galileo no espello da noite, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2019

Do 27 de xuño ao 6 de xullo, terá lugar, na rúa do Príncipe e na praza da Farola, a Feira do Libro de Vigo 2019 para a que Xerais preparou este completo programa:

Novidade: «Galileo no espello da noite», de Xabier Paz. Unha novela que nos mergulla na memoria dun dos astrónomos máis célebres da humanidade

Galileo no espello da noite, de Xabier Paz, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Galileo, un dos astrónomos máis célebres da humanidade, vese proscrito de vello, condenado polo Santo Oficio. El, que fora filósofo oficial na corte dos Medici e persoa reputada e achegada á curia pontificia, agora está maldito. Desde a vellez, o sabio cavila sobre a súa vida e a súa desgraza.

Fenomenal retrato dun ambiente dunha época: «Aníbal e a Pintora», de Xabier Paz. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela  Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz.     Historia dunha obsesión Despois de As vidas de Nito e A galera de Xelmírez volve aos trinques Xabier Paz con Aníbal e a Pintora, moito máis parecida a aquela primeira Renacer.

A vida como obra: «Aníbal e a pintora», de Xabier Paz. Crítica de Anxos García Fonte

A revista Tempos novos publicou unha recensión crítica de Anxos García Fonte sobre a novela  Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha reivindicación, homenaxe e unha posta en valor da figura da muller: «Aníbal e a pintora», de Xabier Paz

O xornal O Sil.info publicou unha información sobre a presentación no Barco de Valdeorras da novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz.   «O libro tenlle que falar a cadaquén que se achegue a el» Xabier Paz presentaba a súa novela «Anibal e a Pintora» na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco Artemisa Gentileschi é unha muller adiantada ao seu tempo, que loita por ser pintora na Italia do século XVII.

Moita metaliteratura usada con intelixencia: «Aníbal e a pintora», de Xabier Paz. Crítica de Eva Moreda

A escritora Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz.   «Aníbal e a pintora», a descuberta de Gentileschi Unha das tentacións contra as que debe loitar quen escribe novela histórica é a de deitar no relato os froitos todos do proceso de pescuda e documentación.

Presentación de “Aníbal e a Pintora” de Xabier Paz no Barco

O venres, 26 de maio, 2017, ás 20:30 horas na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, rúa Academia Dequidt, 6, O Barco, terá lugar a presentación do libro Aníbal e a Pintora de Xabier Paz. No acto, organizado polo Concello do Barco de Valdeorras, participarán Xosé Luís Álvarez, Margarita Pizcueta e Xabier Paz.

Presentación en Santiago de “Aníbal e a Pintora” de Xabier Paz

O mércores, 24 de maio, 2017, ás 19,45 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Aníbal e a Pintora de Xabier Paz. No acto participarán Encarna Otero, Manuel Bragado e Xabier Paz.

Moi notable novela: «Aníbal e a pintora», de Xabier Paz. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.