Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xabier_paz

Presentación en Vigo de “Aníbal e a Pintora” de Xabier Paz

O mércores, 15 de febreiro, 2017, ás 19:30 horas, no salón de actos do MARCO, rúa Príncipe, 54, Vigo, terá lugar a presentación da novela Aníbal e a Pintora de Xabier Paz. No acto participarán Beatriz Suárez Briones, Manuel Bragado e Xabier Paz.

Unha novela sobre a pintora da ardencia e a coraxe: «Aníbal e a pintora», de Xabier Paz

O xornal El Progreso publicou unha nota informativa asinada por R. L. sobre a novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz. A nota pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Booktráiler da novela «Aníbal e a Pintora», de Xabier Paz

Reproducimos o booktráiler da novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz, realizado por Illa Bufarda.   ANIBAL E A PINTORA, Xabier Paz from Illa Bufarda on Vimeo.

Novidade: «Aníbal e a pintora», de Xabier Paz. A ardencia e a coraxe guiarán unha vida de artista e muller libre na Europa do XVII

A novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Aníbal e a Pintora é unha novela que conta a historia dos devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta verdade sobre a vida da pintora Artemisia Gentileschi, artista descuberta a partir dun lenzo atopado en Internet.

A viaxe como vía de coñecemento: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz.

No Diario de Pontevedra e en El Progreso aparece unha recensión sobre a novela A galera de Xelmírez, de Xabier Paz.   A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación no Barco de Valdeorras de “A galera de Xelmírez” de Xabier Paz

O mércores, 2 de decembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, O Barco, terá lugar a presentación da novela A galera de Xelmírez de Xabier Paz. No acto, organizado polo Concello do Barco,  participarán Chus Rodríguez, Profesora de Lingua Galega do IES Lauro Olmo; Margarita Pizcueta, Concelleira de Cultura e  Educación do Concello do Barco de Valdeorras e o autor.

Presentación en Pontevedra de “A galera de Xelmírez” de Xabier Paz

O xoves, 29 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29, de Pontevedra, terá lugar a presentación da novela A galera de Xelmírez de Xabier Paz. No acto, organizado pola libraría Paz e Xerais,  participarán Antolina Fernández e Xabier Paz.

Unha novela moi suxestiva: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz. Crítica de Dolores Martínez Torres

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Dolores Martínez Torres sobre a novela A galera de Xelmírez, de Xabier Paz. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xabier Paz: «Con esta novela quixen facer unha reflexión sobre a identidade humana e a identidade masculina»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista con Xabier Paz sobre a súa novela A galera de Xelmírez.

Excelente reconstrución histórica dun mundo convulso: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz. Crítica de Xerardo Agrafoxo

Xerardo Agrafoxo publicou no blog de Barbantia unha recensión sobre a novela A galera de Xelmírez, de de Xabier Paz.

Novela de personaxes, de lectura viva e áxil: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela A galera de Xelmírez, de de Xabier Paz.   A TRANSFORMACIÓN DO CAMIÑO O autor de Follas de bacallau, Renacer e As vidas de Nito regresa aos trinques das librarías con esta A galera de Xelmírez que hoxe nos ocupa.

Presentación en Ourense de “A galera de Xelmírez” de Xabier Paz

O mércores, 23 de setembro, ás 20:00 horas, no Centro Cívico da Ponte, rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43, de Ourense, terá lugar a presentación do libro A galera de Xelmírez de Xabier Paz.