Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xabier_paz

Presentación en Betanzos de “A galera de Xelmírez” de Xabier Paz

O  mércores, 9 de setembro, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4 en Betanzos, terá lugar a presentación da novela A galera de Xelmírez de Xabier Paz. No acto participarán Tucho Calvo, Begoña Varela e Xabier Paz.

Novela fantástica, espléndida: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz. Artigo de Xosé Carlos Caneiro

Xosé Carlos Caneiro escribiu no seu artigo de La Voz de Galicia sobre a novela A galera de Xelmírez, de de Xabier Paz.   (…) E outra novela fantástica, espléndida, que debe ler calquera lector ávido da nosa historia, e máis dese personaxe fulcral dentro da mesma: Xelmírez. A galera de Xelmírez é unha pequena alfaia que nos regala un dos narradores galegos polos que sinto maior aprezo. Nunca fallou.

Querer coñecerse conduce a renacer: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela A galera de Xelmírez, de de Xabier Paz.   Da galera á nave de cristal Dá xenio ler a Xabier Paz pois sempre arroupa con agarimo o seu rexistro literario e con el lévanos aos tempos, ben documentados e espellados con brillantez, da construción dunha galera que sufraga o arcebispo Xelmírez para combater as razzias dos sarracenos.

Novela de viaxes, histórica, de busca, moi filosófica e didáctica: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación, na Feira do Libro da Coruña, da novela A galera de Xelmírez, de Xabier Paz.

Presentación de “A galera de Xelmírez” no Festigal 2015

O sábado, 25 de xullo, ás 17:00 horas, na Galería das Letras e das Ideas do Festigal, 2015, Campus Universitario Sur de Compostela, terá lugar a presentación do libro A galera de Xelmírez de Xabier Paz. No acto participarán Manuel Bragado e Xabier Paz.

Novidade: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz. Unha viaxe transformadora

A novela A galera de Xelmírez, de Xabier Paz, é unha novidade de Xerais Narrativa para este verán. Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. O piloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli e o aprendiz Francesco Nuti atravesan a península polo camiño como tantos outros peregrinos, inda que eles non o sexan.

Presentación na Coruña de “A galera de Xelmírez” de Xabier Paz

O mércores, 15 de xullo, ás 20:00 horas, na Berbiriana, rúa Santiago, 7 (porta real) da Coruña, terá lugar a presentación do libro A galera de Xelmírez de Xabier Paz. No acto participarán Begoña Varela e Xabier Paz.

Feira do Libro: «De cristal», de Silvestre Gómez Xurxo, e «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre a presentación onte na Feira do Libro de Vigo das novelas De cristal, de Silvestre Gómez Xurxo, e  A galera de Xelmírez, de Xabier Paz.   Presentacións na feira Pechamos onte a participación de Xerais na Feira do Libro de Vigo coas presentacións dos libros de Silvestre Gómez Xurxo, De cristal, e Xabier Paz, A galera de Xelmírez.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Xerais preparou o seguinte programa para a Feira do Libro de Vigo, que se celebrará do 3 ao 12 de xullo, na rúa Progreso, dentrás do Marco. Día 3 de xullo, venres 13:00 h.:  Pregón a cargo de Ledicia Costas. 20:00 h.:  Presentación de Dragal IV A estirpe do dragón de Elena Gallego Abad con Manuel Bragado. 21:00 h.

As vidas de Xabier Paz. Entrevista de Vítor Vaqueiro

A partir dun encontro persoal de carácter literario, o escritor Vítor Vaqueiro fíxolle unha longa entrevista a Xabier Paz que reproduce Sermos Galiza.     As vidas de Xabier Paz A seguinte conversa é o encontro literario entre dous escritores que son amigos desde hai máis de corenta anos.

Xabier Paz: « Quixen facer unha indagación na natureza humana, que é complexa e contraditoria como é Nito». Entrevista de Montse Dopico

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a  Xabier Paz pola recente publicación da súa novela As vidas de Nito.   «Agardabamos a modernidade, pero todo quedou no que a socialdemocracia europea quixo que quedase» Se a anterior novela de Xabier Paz, Renacer, tiña moito que ver coa memoria, a nova, As vidas de Nito, afonda na mesma cuestión.

Crónica da presentación en Ourense de «As vidas de Nito», de Xabier Paz

A revista Tempo de Lecer Ourense publicou unha información sobre a presentación da novela As vidas de Nito de Xabier Paz.