Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xabier_quiroga

Entrevista con Xabier Quiroga: «A novela ‘O Cabo do Mundo’ conta feitos tremendos e crueis»

As páxinas da Ribeira Sacra do xornal lugués El Progreso publicaron o pasado venres unha longa entrevista con Xabier Quiroga, asinada por Ana Rodil. Nela, o autor de O Cabo do Mundo dá conta do seu oficio de escribir, repasa a súa obra narrativa, e rememora as súas afeccións e dedicacións deportivas.

Boa acollida para as últimas novidades de Narrativa de Xerais, que entran na súa 2ª edición

As últimas novidades publicadas por Xerais en Narrativa están tendo unha boa acollida por parte dos lectores e lectoras e, de feito, entraron xa na súa segunda edición as novelas Denso recendo a salgado, de Manuel Portas; O Cabo do Mundo, de Xabier Quiroga; e Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras; así como o libro de relatos Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz.

Crítica de Estévez-Saá sobre «O Cabo do Mundo», de Xabier Quiroga

José Manuel Estévez-Saá publicou onte en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre O Cabo do Mundo, de Xabier Quiroga, libro que foi Premio da Crítica 2010.

Praia, montaña ou pluma?

Ao longo deste mes de agosto, Adrián Gondar ven publicando no xornal Galicia hoxe unha serie de entrevistas con escritores e escritoras galegos baixo a denominación de «Praia, montaña ou pluma?» Eis os enlaces dalgunhas das máis recentes de tan magnífica xeira: Xabier Quiroga: «En punto morto» Darío Xohan Cabana: «O vicio de escribir» Marilar Aleixandre: «Estimulando o intelecto» María Xosé Queizán: «A axilización da

Xerais na Feira do Libro de Monforte

Xerais prepara o programa dos actos que realizará na Feira do Libro de Monforte de Lemos, que terá lugar do 25 ao 28 de agosto na rúa do Cardeal. O xoves 26 de agosto, ás 19:00 horas Ricardo Gurriarán presentará Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela 1939-1968.

«O Cabo do Mundo» de Xabier Quiroga, Premio da Crítica 2010

Segundo lemos no blog de Xosé Manuel Eyré, a novela de Xabier Quiroga O Cabo do Mundo foi merecedora do Premio da Crítica 2010 no eido da Narrativa en lingua galega.

«O Cabo do Mundo», presentación o sábado no Saviñao

O vindeiro sábado, 6 de marzo, ás 20:00 horas presentarase nas instalacións do Círculo Saviñao (rúa Pardo Bazán 17 de Escairón) O Cabo do Mundo, a cuarta novela de Xabier Quiroga. No acto acompañarán ao autor Enrique Sampil e Manuel Bragado.

«O Cabo do Mundo», crítica de Ramón Nicolás

XABIER QUIROGA ENSAIA UN CONVINCENTE EXERCICIO DE SEDUCIÓN NARRATIVA CUNHA NOVELA INTENSA, DRAMÁTICA E ALICERZADA NAS REGAÑAS DA MEMORIA Nominada como unha das mellores novelas para o premio de narrativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega, xunto coas propostas máis recentes de Cid Cabido e Luís Rei, ambas as dúas comentadas nestas páxinas, O Cabo do Mundo é, sen dubidalo, unha gran peza novelística que recomendamos v

«O Cabo do Mundo» de Xabier Qurioga, crítica de Xosé Manuel Eyré

No número de 11 a 17 de febreiro, 1393, de ANT, debería saír publicada a crítica que de O Cabo do Mundo enviei. No seu lugar vén un texto rillado deses famosos ratos que ameazan, mesmo na era dixital, os medios impresos. Tan rillado que nel malamente dou recoñecido o por min escrito.

Xabier Quiroga: «Eu fago novelas de terror político»

Xan Carballa publica nas páxinas de «Luces» de El País Galicia unha interesantísima entrevista a Xabier Quiroga, con motivo da publicación da cuarta novela do escritor do Saviñao, O Cabo do Mundo.

«O Cabo do Mundo» de Xabier Quiroga, unha novela con blog

Xabier Quiroga, autor d’ O Cabo do Mundo, acaba de abrir un interesantísimo blog sobre esta a súa cuarta novela. No blog pode atoparse información documental sobre personaxes históricos e espazos nos que se desenvolve a novela.

«O Cabo no Mundo» ou «Contra os señores do olvido»

Francisco Martínez Bouzas publica hoxe no «Faro da Cultura» a que constitúe a primeira crítica d’ O Cabo do Mundo, a novela de Xabier Quiroga. Baixo o título «Terror no Cabo» e o subtítulo «Contra os señores do olvido», Martínez Bouzas contextualiza esta obra dentro do esforzo da literatura galega de contribuír dende a ficción a reconstrución da Memoria Histórica.