Publicado o 9 Outubro, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa
Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre o libro de relatos 55 de Xavier Queipo.
Engaiolante variedade
Xavier Queipo reúne neste volume 55 textos (de aí o título do libro) que se caracterizan pola súa variedade, pois hai relatos breves, lembranzas persoais ou tamén textos de divulgación científica.
Ler máis →
Publicado o 7 Outubro, 2014 nas categorías Autores, Narrativa, Traducións
O Irish Centre for Galician Studies da Universidade de Cork organizou unha serie de actividades arredor da figura de Xavier Queipo, que acaba de publicar o seu libro de relatos 55.
A información pode consultarse no blog Galego en Cork.
Ler máis →
Publicado o 6 Outubro, 2014 nas categorías Blogs, Críticas, Noticias
O libro de relatos 55 de Xavier Queipo, é un dos libros máis recomendados de outubro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas, Manuel Rodríguez Alonso e o propio Armando Requeixo.
Ler máis →
Publicado o 3 Outubro, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa
Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de relatos sobre 55 de Xavier Queipo.
Ler máis →
Publicado o 23 Setembro, 2014 nas categorías Entrevistas, Narrativa
César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha entrevista a Xavier Queipo sobre seu libro 55.
Xavier Queipo: “Sempre procurei a experimentación, na vida persoal e na literatura”
Cando Xavier Queipo (Santiago, 1957) fixo os 55 anos, decidiu recuperar unha serie de textos curtos que non tiveran unha publicación definitiva. Froito dese traballo, un ano despois publica 55 (Xerais), o seu máis novo traballo.
Ler máis →
Publicado o 17 Setembro, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa
O blog de Barbantia publicou un texto de Agustín Agra sobre 55 de Xavier Queipo.
Ler máis →
Publicado o 8 Setembro, 2014 nas categorías Audios, Narrativa, Radio
O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista o pasado xoves de Ana Romaní a Xavier Queipo sobre 55.
Ler máis →
Publicado o 1 Setembro, 2014 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves, 4 de setembro, ás 20:30 horas, na librería Andel, Avda Camelias, 102 de Vigo, terá lugar a presentación do libro 55 de Xavier Queipo.
No acto participarán Xina Vega, Fran Alonso e Xavier Queipo.
Ler máis →
Publicado o 28 Agosto, 2014 nas categorías Animación á lectura, Críticas, Narrativa
O escritor Carlos Negro publicou en Praza Pública un artigo literario sobre 55 de Xavier Queipo.
Ler máis →
Publicado o 26 Agosto, 2014 nas categorías Narrativa, Presentacións
O martes, 2 de setembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro 55 de Xavier Queipo.
No acto participarán Agustín Agra, Xavier Queipo e Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 25 Agosto, 2014 nas categorías Feiras_do_libro, Presentacións
O verán foi moi activo para os libros de Xerais.
Ler máis →
Publicado o 22 Xullo, 2014 nas categorías LibroX, Narrativa, Presentacións
A décimo cuarta edición do Festigal, que terá lugar o 25 de xullo (Día da Patria Galega) no Campus Sur de Santiago de Compostela acollerá, entre outras, a presentación (ás 20:30 horas) do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto e do libro de relatos de Xavier Queipo 55 (ás 21:00 horas).
Ler máis →