Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xavier_queipo

Novidade: «55», de Xavier Queipo. Un mosaico de historias en alquimia perfecta de realidade e ficción

55, de Xavier Queipo, é unha novidade da colección Narrativa. Para celebrar o 55 aniversario da súa vida, Xavier Queipo presenta 55, unha colección de 55 relatos (56 se contamos o limiar, sempre evocador). A pegada do mar e dos océanos, o abraio diante das marabillas da natureza, as viaxes e as aprendizaxes que veñen prendidas tras dos ollos, as experiencias e soños dunha vida xa non curta.

A revista Journal of Galician Contemporary Studies dedicoulle un monográfico á obra de Xavier Queipo

A revista Journal of Galician Contemporary Studies dedicoulle un monográfico á obra de Xavier Queipo; ese monográfico pode ser descargado neste enlace.

Un libro que transmite estímulos ao sistema nervioso central: «A illa de todas as illas», de Xabier P. DoCampo. Crítica de Xavier Queipo

O escritor Xavier Queipo publicou en LG3 unha recensión crítica sobre A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas.     Un libro dendrítico Dende ben novo, cando pasaba tardes enteiras de chuvia debruzado sobre o Atlas que pai mercara para nós aproveitar mellor na escola, sempre sentín un forte engado polas illas.

Xavier Queipo: «A literatura galega vése como anomalía no mundo literatario lusófono e castelán»

Sermos Galiza publica unha entrevista de Carme Vidal a Xavier Queipo.     Xavier Queipo: «A literatura galega vése como anomalía no mundo literatario lusófono e castelán» Escritor cunha obra moi relevante, Xavier Queipo é asemade tradutor de Amin Maalouf e Hervé Guivert, Conrad ou Joyce.

«Extramunde», de Xavier Queipo: mapa de viaxe

Os alumnos e alumnas do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela elaboraron un mapa de viaxe sobre a novela Extramunde, de Xavier Queipo, con motivo da concesión do Premio Arcebispo San Clemente á novela. O mapa pode ser descargado en pdf.

Xavier Queipo recolleu onte en Compostela o Premio San Clemente por «Extramunde»

O escritor Xavier Queipo recolleu onte en Compostela o Premio Arcebispo San Clemente, concedido a súa novela Extramunde por un xurado formado por alumnos de institutos. Reproducimos a información de El Correo Gallego (Xavier Cea) e de La Voz de Galicia (Joel Gómez) ao respecto.

Vídeos da presentación de «Extramunde», de Xavier Queipo, no Ateneo de Ribeira

Reproducimos os vídeos da presentación, que recolle a información de La Voz de Galicia, de novela Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011, no Ateneo de Ribeira, este pasado 5 de xaneiro de 2013.

Gramática existencial, unha lectura da novela “Iria” de Anxo Angueira

Por Xavier Queipo Collín o Vitrasa en Camelias, camiño que levaba do Calvario e abrín Iria, de Anxo Angueira. Non adoito ler no autobús, mais comecei e xalogo estaba mergullado nunha atmosfera máxica, engaiolante, de prosa vizosa e imaxes en flash-back, da miña infancia nas ribeiras do Sar.

Xavier Queipo: «O máis importante é que temos futuro, que hai escritores novos que escriben marabillosamente». Entrevista de Armando Requeixo

O blog Criticalia, de Armando Requeixo, publica unha entrevista con Xavier Queipo.     Parlamento das Letras Xavier Queipo Xavier Queipo é un téutido literario.

«Extramunde», de Xavier Queipo, Premio Arcebispo San Clemente 2012

A novela Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011, foi galardoada onte co Premio Arcebispo San Clemente por un xurado formado por alumnos de institutos.

«Dark butterfly», de Rexina Vega: Unha viaxe desacougante. Por Xavier Queipo

O escritor Xavier Queipo fainos chegar unha opinión crítica da súa lectura de Dark butterfly, de Rexina Vega. «Dark butterfly», de Rexina Vega: Unha viaxe desacougante Esta non é unha crítica, pois ese non é un xénero literario que eu practique, entre outras cousas por un descoñecemento das técnicas de análise que o configuran.

Xavier Queipo: «As normas que rexen o capitalismo financeiro funcionan como unha relixión». Entrevista de Montse Dopico

Xavier Queipo: «As normas que rexen o capitalismo financeiro funcionan como unha relixión». Entrevista de Montse Dopico

Praza Pública publica unha entrevista,  centrada en Extramunde, de Montse Dopico con Xavier Queipo, Premio Xerais 2011 e Premio Xosé María Álvarez Blázquez 2011 da AGE. «Temos un goberno de ‘liquidadores’ disfrazados de xestores da débeda pública» Xavier Queipo acaba de gañar o premio Xosé María Álvarez Blázquez 2011 da Asociación Galega de Editores.