Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xavier_queipo

Xavier Queipo estará hoxe no Club de Lectura Sete Vidas, en Gondomar, con «Extramunde»

Xavier Queipo estará hoxe no Club de Lectura Sete Vidas, en Gondomar, con «Extramunde»

O escritor Xavier Queipo  participará hoxe no Club de Lectura Sete Vidas, dedicado á narrativa, que promove a asociación Espazo Lectura en Gondomar, para falar da súa novela Extramunde, Premio Xerais 2011. O premio Xerais de novela, Xavier Queipo, no Sete Vidas deste mes Este martes, 13 de marzo, a partir das 20.00 horas na Biblioteca de Gondomar, terá lugar a sesión mensual do club de lectura Sete Vidas.

Premios Anxel Casal 2012 para varios libros editados por Xerais

Premios Anxel Casal 2012 para varios libros editados por Xerais

O pasado venres falláronse en Compostela os Premios Anxel Casal 2012, no transcurso da VII Noite da Edición, que organiza a Asociación Galega de Editores. O acto tivo lugar no Hotel AQuinta da Auga, e nel  participaron destacadas autoridades do mundo do libro, a cultura e a política de Galicia.

Tres novelas de Xerais finalistas no Premio Literario Arcebispo de San Clemente

Tres novelas de Xerais finalistas no Premio Literario Arcebispo de San Clemente

O Premio Literario Arcebispo San Clemente fixo públicos os libros finalistas da súa 18ª edición.

Do Premio Xerais de Novela 2011 ao nacionalismo de Luís Soto, pasando polas tradicións galegas do Nadal. Repaso de novidades de D. Vilavedra

Do Premio Xerais de Novela 2011 ao nacionalismo de Luís Soto, pasando polas tradicións galegas do Nadal. Repaso de novidades de D. Vilavedra

Dolores Vilavedra realiza no suplemento Luces de El País o seu periódico repaso de novidades. Reproducimos os textos referidos aos libros de Xerais. Extramunde, de Xavier Queipo Tamén en capa dura chega a nós Extramunde de Xavier Queipo, un merecidísimo -xulgando sen saber cales foron as outras obras concursantes- Premio Xerais 2011. Con esta novela o autor demostra que a vontade de estilo non está rifada coa eficacia narrativa.

Xavier Queipo participou na Universidade de Brest coa tradución ao francés de «Contornos»

O escritor Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de Novela 2011 con Extramunde, participou o pasado 12 de decembro nun acto de debate na Facultade Victor Segalen, de Brest, en Bretaña, que se celebrou baixo título de «Chroniques animalières: science littéraire ou littérature scientifique?», con ocasión da aparición das Chroniques animalières (Contornos) de Queipo nas éditions Les Hauts-Fonds.

Escribir con material nobre: «Extramunde», de Xavier Queipo. Crítica de Vicente Araguas

Escribir con material nobre: «Extramunde», de Xavier Queipo. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou unha recensión crítica de Extramunde, de Xavier Queipo, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.   O último libro de Xavier Queipo, Premio Xerais, é un percorrido global (fálase xa pouco de novelas totais, mudan os tempos, si, se cadra tamén as vontades) de San Andrés de Teixido a unha tribo de cortadores de cabezas.

Xavier Queipo participará nun acto na Universidade en Brest

Xavier Queipo participará nun acto na Universidade en Brest

O escritor Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de Novela 2011 con Extramunde, participará nun acto de debate que terá lugar o próximo 12 de decembro no foro da Facultade Victor Segalen, de Brest, en Bretaña.

Presentación de «Extramunde», de Xavier Queipo, en Bruxelas, mañá 8 de decembro

Presentación de «Extramunde», de Xavier Queipo, en Bruxelas, mañá 8 de decembro

A novela gañadora co Premio Xerais de Novela 2011, Extramunde, de Xavier Queipo, presentarase mañá 8 de decembro, ás 18,30 horas, na libraría Orfeu de Bruxelas. Orfeu é unha libraría portuguesa e galega situada na Willem de Zwijgerstraat, 43, na Rue du Taciturne (B-1000 Brussel/Bruxelles).

Xavier Queipo: «O exercicio da crítica mantenme vivo e optimista». Entrevista de Ramón Nicolás para Que Leer centrada en «Extramunde»

A revista Que Leer do mes de novembro publica unha entrevista de Ramón Nicolás con Xavier Queipo sobre Extramunde.

«Extramunde», a estraña viaxe dos espiritados: Crítica de Manuel Gago sobre a novela de Xavier Queipo

Manuel Gago publicou no seu blog, Capítulo Cero, unha recensión crítica sobre Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011.   «Extramunde», a estraña viaxe dos espiritados Leo Extramunde, o último premio Xerais de novela, do biólogo e escritor Xavier Queipo, dunha tacada cruzando de noite o Atlántico.

A Universidade de Bangor organiza un seminario sobre a obra de Xavier Queipo, que presentará alí «Extramunde»

A Universidade de Bangor organizou arredor un seminario arredor dalgúns aspectos da obra de Xavier Queipo, quen aproveitará a súa estadía no País de Gales para presentar Artico 2.0 e Extramunde, Premio Xerais de Novela 2011. Reproducimos o programa: Xavier Queipo is one of Galicia’s leading, most original narrative voices.

A aventura da liberdade: Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Extramunde», de Xavier Queipo

Francisco Martínez Bouzas publica no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais 2011.