Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xavier_queipo

«Maalouf, o galego» por Xavier Queipo

Gardo de Amin Maalouf, boas lembranzas da súa estadía en Compostela, convidado pola Edicións Xerais co gallo da presentación na Facultade de Filoloxía da versión galega de Le Periple de Baldassare. Daquela falamos moito e pareceume un tipo agradábel e convencido da necesidade e da bondade da fusión cultural como contraposición ao enfrontamento (que eu tamén detesto).

Xavier Queipo entrevistado por «Xornal de Galicia»: «Eu son un ‘worst seller’»

Xavier Queipo é entrevistado hoxe por Iago Martínez para Xornal de Galicia con motivo da publicación do seu álbum A illa dos cangrexos violinistas (OQO editora). O autor de títulos narrativos como  O ladrón de esperma, Papaventos ou Dragona comenta que se considera un worst seller: «Son un dos [autores] que menos vende na literatura galega.

«Riofero» de Xelís de Toro, unha selva de novelas

«Riofero» de Xelís de Toro, unha selva de novelas

Xavier Queipo Algúns autores destilan as súas novelas coa lentitude coa que madurecen os viños do Porto e ofrcennos así, de cada tanto, unha garrafa de sabores e delicias que se diría extraída das reservas das caves de Vilanova de Gaia. Dez anos de silenzo levou Xelís de Toro no intervalo de producir este Riofero desque nos presentase –no século pasado- os seus Saltimbanquis no Paraíso.

Críticas na revista “Os meus livros”

Críticas na revista “Os meus livros”

A prestixiosa revista literaria portuguesa Os meus livros (a única dedicada esxlusivamente aos libros en Portugal) dedica unha páxina para recomendar as edicións en portugués d’ O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz e Dragona de Xavier Queipo. Premer sobre a imaxe para ler o texto.

Xavier Queipo, entrevista en “Fervenzas literarias”

Xavier Queipo, entrevista en “Fervenzas literarias”

O escritor Xavier Queipo, autor de Dragona, novela recentemente traducida ao portugués, é entrevistado en Fervenzas literarias. Recollemos un dos parágramos desta longa e interesante entrevista referidos a Dragona: “Si, [Dragona]é unha novela de personaxes e está chea de contradicións (xa dicía Cortázar que as contradicións son o motor das nosas vidas).