Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xavier_senín

Máis aventuras de Astérix e Obélix en lingua galega: «O Menhir de Ouro» e «Astérix e os normandos», de René Goscinny. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Carmen Ferreira sobre os libros: O Menhir de Ouro. Astérix, e Astérix e os normandos, de René Goscinny, publicados por Xerais na colección: Cómics. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Os actores Xerardo Couto e Tacho González poñen voz en galego ás aventuras de Astérix e Obelix en: «O Menhir de Ouro». Anotación no xornal «Nós Diario»

O xornal Nós Diario publicou unha anotación sobre o libro: O Menhir de Ouro, de René Goscinny, publicado por Xerais na colección: Cómics.   «O Menhir de Ouro» de Astérix, para escoitar en galego Os actores Xerardo Couto (Astérix), Tacho González (Obélix) e Antón Rubal (Aseguracenturix) poñen voz aos habitantes da aldea gala máis famosa do mundo.

Xavier Senín Premio do Ministerio de Cultura pola súa traxectoria de tradutor

Xavier Senín foi galardoado co “Premio Nacional á Obra dun Tradutor 2020”. Senín é un dos responsables das traducións ao galego dos álbums de Astérix para Xerais. O seu traballo tamén o levou a traducir, xunto con Isabel Soto, outras obras no catálogo de Xerais como A clase de François Bégaudeau ou Mal de escola de Daniel Pennac.

Astérix e Obélix reviven máis de 50 anos despois falando en galego en: «O Menhir de Ouro». Anotación no xornal «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publicou unha anotación sobre o libro: O Menhir de Ouro, de René Goscinny, publicado por Xerais na colección: Cómics.   Astérix e Obélix reviven máis de 50 anos despois falando en galego Os actores Xerardo Couto, Tacho González e Antón Rubal porán voz a Astérix, Obélix e Aseguracenturix, algúns dos principais habitantes da aldea gala máis famosa do mundo.

Astérix e Obélix falan galego nun audiolibro publicado por Xerais

Xerais da un paso máis para o Astérix en galego coa publicación dun audiolibro coas aventuras do cómic titulado: O menhir de ouro ao que dan voz actores como Xerado Couto (Astérix); Tacho González (Obélix) e Antón Rubal (Aseguracenturix). Esta nova proposta quere atraer tanto aos fans de sempre como ás novas xeracións.

Novidade: «O Menhir de Ouro», de René Goscinny. O bardo Asegurancetúrix participa nun torneo de canto para facerse co máximo galardón, o Menhir de Ouro

O Menhir de Ouro, de René Goscinny, ilustrado por Albert Uderzo, é unha novidade da colección Cómics de Xerais. Neste fermoso día baixo o sol de Armórica, a apracible calma da pequena aldea gala que tan ben coñecemos rompe de súpeto. Asegurancetúrix, o bardo, xa non atura volver escoitar: «Non, non cantarás!».

Novidade: «Astérix e os normandos», de René Goscinny. Os normandos chegan á aldea gala dispostos a descubrir o que é o medo ao bateren con Astérix e Obélix

Astérix e os normandos, de René Goscinny, ilustrado por Albert Uderzo, é unha novidade da colección Cómics de Xerais. Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor.

Un álbum inspirado na activista Greta Thunberg que fala da adolescencia e das herdanzas: «Astérix: A filla de Vercinxetórix», de René Goscinny. Crítica de Carlos Portela no Diario Cultural

Carlos Portela interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Astérix: A filla de Vercinxetórix, de René Goscinny, publicado por Xerais na colección: Cómics. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Un álbum imprescindible que nos mantén en contacto cunha das creacións máis senlleiras da historia do cómic europeo: «Astérix: A filla de Vercinxetórix», de René Goscinny. Anotación en «Biosbardia»

Biosbardia, o país dos libros en galego, publicou unha anotación asinada por Edu Maroño sobre o libro: Astérix: A filla de Vercinxetórix, de René Goscinny e Jean-Yves Ferri, con ilustracións de Albert Uderzo e Didier Conrad. O libro está publicado por Xerais na colección Cómics.   ‘Astérix: A filla de Vercinxetórix’, de René Goscinny.

Astérix regresa en galego cunha historia protagonizada por unha adolescente: «Astérix: A filla de Vercinxetórix». Anotación no xornal «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha anotación sobre o libro: Astérix: A filla de Vercinxetórix, de René Goscinny e Jean-Yves Ferri, con ilustracións de Albert Uderzo e Didier Conrad. O libro está publicado por Xerais na colección Cómics.

Novidade: «Astérix: A filla de Vercinxetórix», de René Goscinny. Astérix e Obelix regresan cunha nova aventura protagonizada por unha misteriosa adolescente que chega de noite á aldea

Astérix: A filla de Vercinxetórix, de René Goscinny e Jean-Yves Ferri, ilustrado por Albert Uderzo e Didier Conrad, é unha novidade da colección Cómics. A obra foi traducida por Xavier Senín e María Isabel Soto. Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor.

Xerais publica un dos álbums clásicos de Uderzo & Goscinny: «Astérix en Britania». Entrevista cos tradutores Xavier Senín e Isabel Soto no Diario Cultural

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Xavier Senín e Isabel Soto, tradutores do álbum: Astérix en Britania, de René Goscinny e Albert Uderzo. O libro está publicado por Xerais na colección Cómics. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.