Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xela_arias

Letras galegas: percurso vital de Xela Arias: «Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias», de Yolanda Castaño. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación sobre o libro: Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias, de Yolanda Castaño, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xela, poeta: «Darío a diario» e «Denuncia do equilibrio», de Xela Arias. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre os libros: Darío a diario e Denuncia do equilibrio, de Xela Arias, publicados por Xerais. Xela, poeta Achegarnos a Xela Arias sempre é unha boa idea, sexa nas circunstancias que sexa.

«Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias», de Yolanda Castaño, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en Correo Televisión, animaron á lectura do libro: Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias, de Yolanda Castaño, publicado por Xerais na colección Merlín. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Fiel e honesto retrato biográfico: «Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias», de Yolanda Castaño. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias, de Yolanda Castaño, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Darío a diario», de Xela Arias: Un manifesto íntimo e interno que afonda na entrañable experiencia da maternidade

Darío a diario, de Xela Arias, con ilustracións de Iván Rodríguez Castro, é unha novidade da colección Camaleón de Xerais. En 1996 Xela Arias publica «Darío a diario», un libro de poemas dedicado ao seu fillo, que ofrece unha visión desidealizada e ao tempo fonda e entrañable da experiencia da maternidade.

Novidade: «Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias», de Yolanda Castaño: A vida dunha escritora que é un auténtico referente para xeracións de autoras galegas

Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias, de Yolanda Castaño, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. A poeta Yolanda Castaño cóntanos neste libro a vida de Xela Arias e móstranos como xa na infancia dunha nena escritora se albiscan os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións e non deixarse guiar por modelos de segunda man.

Xerais rescata o debut poético de Xela Arias: «Denuncia do equilibrio», escrito en 1984. Anotación no xornal «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación sobre o libro: Denuncia do equilibrio, de Xela Arias, publicado por Xerais na colección: Poesía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Denuncia do equilibrio», de Xela Arias: Un libro rabiosamente contemporáneo que afonda con inquedanza na voz interior dunha poeta orixinal e libre

Denuncia do equilibrio, de Xela Arias, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. «Denuncia do equilibrio», publicado en 1986 a contracorrente da poesía galega daquel momento, é un libro rabiosamente contemporáneo. Cuestiona a orde establecida, afonda con inquedanza na voz interior dunha poeta orixinal e libre e transmite, desde a propia sintaxe, o desacougo da vida cotiá, das emocións e do amor.

Xerais porá no mercado seis títulos para homenaxear á escritora viguesa Xela Arias. Anotación no xornal «Atlántico Diario»

O xornal Atlántico Diario publicou un artigo de Ana Baena sobre as preparacións do mundo editorial para homenaxear á escritora viguesa Xela Arias, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Xerais porá no mercado seis títulos, entre os que se atopan a reedición do libro: Poesía reunida (1982-2004). O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Poesía reunida (1982-2004). Xela Arias» e «Calendario Xerais 2021. Mulleres. Llanos», entre as recomendacións literarias de Eva Mejuto para este ano 2021. Entrevista no «Zig Zag Diario»

A escritora e xornalista Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre unha selección de recomendacións literarias deste ano 2021, con mención a dous libros publicados por Xerais: Poesía reunida (1982-2004). Xela Arias e Calendario Xerais 2021. Mulleres. Llanos. A súa intervención pode verse nesta ligazón.

María Xesús Nogueira: «Agardo que coas Letras Galegas Xela Arias sexa lida e coñecida, especialmente por parte do lectorado máis novo». Entrevista na web da «Real Academia Galega» sobre: «Poesía reunida (1982-2004)»

A páxina web da Real Academia Galega publicou unha entrevista con María Xesús Nogueira sobre o libro: Poesía reunida (1982-2004). Xela Arias, publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos. María Xesús Nogueira: «Xela Arias rompeu co discurso dominante.

Xela Arias, Letras Galegas 2021

A Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2021 a poeta, tradutora e editora Xela Arias. A institución quere así render tributo a “unha voz singular, sincera e comprometida”. En 2018 Xerais publicou, en edición de María Xesús Nogueira, o libro Poesía reunida (1982-2004). Este volume dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento.