Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xela_arias_poesía_reunida_1982_2004

Xerais porá no mercado seis títulos para homenaxear á escritora viguesa Xela Arias. Anotación no xornal «Atlántico Diario»

O xornal Atlántico Diario publicou un artigo de Ana Baena sobre as preparacións do mundo editorial para homenaxear á escritora viguesa Xela Arias, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Xerais porá no mercado seis títulos, entre os que se atopan a reedición do libro: Poesía reunida (1982-2004). O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Poesía reunida (1982-2004). Xela Arias» e «Calendario Xerais 2021. Mulleres. Llanos», entre as recomendacións literarias de Eva Mejuto para este ano 2021. Entrevista no «Zig Zag Diario»

A escritora e xornalista Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre unha selección de recomendacións literarias deste ano 2021, con mención a dous libros publicados por Xerais: Poesía reunida (1982-2004). Xela Arias e Calendario Xerais 2021. Mulleres. Llanos. A súa intervención pode verse nesta ligazón.

María Xesús Nogueira: «Agardo que coas Letras Galegas Xela Arias sexa lida e coñecida, especialmente por parte do lectorado máis novo». Entrevista na web da «Real Academia Galega» sobre: «Poesía reunida (1982-2004)»

A páxina web da Real Academia Galega publicou unha entrevista con María Xesús Nogueira sobre o libro: Poesía reunida (1982-2004). Xela Arias, publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos. María Xesús Nogueira: «Xela Arias rompeu co discurso dominante.

Xela Arias, Letras Galegas 2021

A Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2021 a poeta, tradutora e editora Xela Arias. A institución quere así render tributo a “unha voz singular, sincera e comprometida”. En 2018 Xerais publicou, en edición de María Xesús Nogueira, o libro Poesía reunida (1982-2004). Este volume dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento.

Un volume que serve para reivindicar a obra dunha poeta altísima, merecente do Día das Letras Galegas: «Poesía reunida (1982-2004)», de Xela Arias. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha anotación sobre o libro Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias, publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos. A crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A plataforma de crítica A Sega homenaxea a Xela Arias. Noticia no «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha noticia sobre a homenaxe a Xela Arias, organizada pola plataforma de crítica A Sega, que se celebrou no Parque do Castro de Vigo o día 15 de agosto de 2019. (Imaxe: Xulio Gil – Praza Pública). Nos anos 2014 e 2015 estivo entre as candidatas ao Día das Letras Galegas, pero non foi a escollida.

Un fito na recuperación da obra de quen sempre reivindicou a condición de muller escritora: «Poesía reunida (1982-2004)», de Xela Arias. Anotación de Manuel Bragado no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo, publicou unha anotación de Manuel Bragado sobre o libro: Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos.

Unha obra poboada de agudos desasosegos e de sentires contraditorios: «Poesía reunida (1982-2004)», de Xela Arias. Crítica de Román Raña no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de Román Raña sobre o libro: Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.