Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: Xerais

Novidade: «Calendario Xerais 2017. Magar»

O Calendario Xerais 2017. Magar é unha novidade anual de Xerais. Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto que inclúe festivos e fases da lúa) con 13 fotografías do fotógrafo Manuel García Castro, MAGAR. Cada unha destas fotografías de Magar agocha unha historia secreta que podemos rememorar ou imaxinar. Cada imaxe é un microrrelato visual de vidas anónimas e de esforzos ou tristezas colectivas.

Novidade: «Axenda 2017», unha novidade de Xerais para o calendario de 2017 (Axenda Dietario Cartoné)

A Axenda 2017 (Axenda Dietario Cartoné, a día por páxina) é unha novidade de Xerais para o calendario de 2017. Axenda Dietario (día por páxina) con información complementaria de Efemérides Galegas, Cultura Popular, Feiras e Festas locais, Celebracións Internacionais, Calendario Fiscal, Onomástica, Fases da Lúa.

Chus Pato, elixida membro da Real Academia Galega

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o nomeamento da poeta Chus Pato como membro da Real Academia Galega.     Chus Pato académica A elección de Chus Pato como membro da Real Academia Galega recoñece a extraordinaria traxectoria literaria da poeta ourensá, contribuíndo ademais ao proceso de normalización da institución.

Xerais edita 6000 copias do catálogo de Agustín Fernández Paz e prepara reedicións conmemorativas do escritor para este Nadal

A web do Consello da Cultura Galega publicou unha información sobre o catálogo que preparou Xerais sobre a obra de Agustín Fernández Paz.

Premios Xerais 2016. Resumo en vídeo

Anxo Angueira: «Con Follas Novas, Rosalía entra na alta poesía europea»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista a Anxo Angueira e a súa edición de Follas novas, de Rosalía de Castro. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha edición que dá xenio ter entre as mans: «Follas novas», de Rosalía de Castro. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, preparada por Anxo Angueira. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Anxo Angueira: ««Seguiremos con toda a obra en verso e prosa, en galego e en castelán, de Rosalía de Castro»

A edición compostelá de La Voz de Galicia publicou unha información de Uxía López sobre Anxo Angueira e a súa edición de Follas novas, de Rosalía de Castro.

«Follas novas»: outra memorable edición crítica de Rosalía. Por Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, preparada por Anxo Angueira.

Anxo Angueira: «Follas Novas é un libro enorme, infinito»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e responsable da nova edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, que acaba de publicar Xerais na colección Clásicos. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

«Caldo de groria» para Rosalía. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da nova edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, que Xerais acaba de publicar ao coidado de Anxo Angueira.   Caldo de groria para Rosalía Celebramos onte o día de Rosalía en Padrón presentando a edición crítica de Follas novas preparada por Anxo Angueira.

Unha nova versión de «Follas novas» a cargo de Anxo Angueira para o #MobilizaRosalía

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a acción #MobilizaRosalía e sobre a nova edición de Follas novas que Xerais acaba de publicar ao coidado de Anxo Angueira.   #MobilizaRosalía Comezou a semana dedicada a Rosalía con motivo da celebración o mércores 24 do seu 179 aniversario.