Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: Xerais

Falece o escritor Xosé Neira Vilas

O escritor Xosé Neira Vilas faleceu hoxe na súa casa en Gres, Vila de Cruces. aos 87 anos de idade.  A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar o seu fondo pesar polo falecemento e resaltar a importancia e o valor do seu papel no ámbito da literatura e a cultura galegas.

Novidade: «Axenda Dietario Cartoné 2016». Pola axenda de Xerais pasa toda a nosa historia

A Axenda Dietario Cartoné 2016 é unha novidade de Xerais. Axenda Dietario (día por páxina) con información complementaria de Efemérides Galegas, Cultura Popular, Feiras e Festas locais, Celebracións Internacionais, Calendario Fiscal, Onomástica, Fases da Lúa.

90 orixinais nos Xerais 2015

O xurado da XXXII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.

Crego, enxeñeiro do libro galego. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobrea xubilación do noso compañeiro Xosé Manuel García Crego. Crego Todos os membros do cadro de Xerais celebramos onte a xubilación de Xosé Manuel García Crego, o noso director de edición.

Digno de gabar: «Mariñeiros José Suárez. Calendario 2015». Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o Calendario Xerais 2015 dedicado ao fotógrafo José Suárez.     Calendario 2015 Edición de Celia Torres Nestes días en que remata o ano chega ás nosas mans o Calendario 2015 de Xerais. O calendario elixe para cada mes do ano unha foto de tema mariñeiro de José Suárez, un clásico da fotografía galega.

A galeguidade da Axenda Xerais 2015. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre a Axenda Xerais, elaborada por Celia Torres. Coma todos os anos: a Axenda Xerais 2015 Chega estes días ás miñas mans unha nova Axenda Xerais, a dedicada ao próximo ano 2015. Contra o que poida parecer, a autora da devandita axenda non se limitan a reproducir a do ano pasado cos inevitables cambios no calendario.

«Dez Premios Xerais que paga a pena ler», segundo o criterio de Biosbardia

BiosBardia publicou un artigo de César Lorenzo Gil baixo o título «Dez Premios Xerais que paga a pena ler». (Foto de Xan Carballa)       Dez Premios Xerais que paga a pena ler O sábado, 7 de xuño, saberemos que novela gaña o Premio Xerais de Novela 2014. A publicación da obra gañadora aínda demorará uns mesiños.

Os sete Premios Xerais que gañaron por unanimidade. Reportaxe de César Lorenzo Gil

BiosBardia publicou unha reportaxe de César Lorenzo Gil  sobre as sete novelas que gañaron Premio Xerais por unaminidade (Foto de Manuel G. Vicente).   Os sete Premios Xerais que gañaron por unanimidade O 7 de xuño entréganse os premios Xerais, Merlín e Jules Verne na illa de San Simón. Nesta ocasión, lembramos que novelas gañaron o certame sen ningunha oposición entre os membros do xurado.

Vídeo de Illa Bufarda: «Xela e a palabra»

Illa Bufarda publicou na web do Consello da Cultura Galega dúas producións viodeográficas sobre as poetas Luísa Villalta e Xela Arias. Reproducimos o vídeo «Xela e a palabra», estreitamente vencellado coa importancia da figura e o traballo de  Xela Arias no nacemento e desenvolvemento de Edicións Xerais de Galicia.

«Día Verne»: anotación en Brétemas sobre este evento cultural de relevancia para Vigo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o Día Venre e a contribución de Xerais a un evento de relevancia cultural para a cidade de Vigo.   Día Verne Celebramos onte en Vigo o Día Verne lembrando aquel 18 de febreiro de 1868 no que entrou na ría o Nautilus do capitán Nemo.

Unha axenda xenuinamente galega: «Axenda 2004». Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre a Axenda Xerais, elaborada por Celia Torres.   O engado da axenda tradicional A axenda, segundo o Dicionario da Real Academia Galega, é o ´libro ou caderno onde se apuntan cousas de interese como aquilo que se ten que facer, enderezos, números de teléfono etc. e que inclúe tamén informacións útiles´.

Os Premios Fervenzas Literarias 2014 poñen en valor a Xerais e os seus libros e autores e autoras

  A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal a través de 439 fichas de votación. Esta é unha fermosa iniciativa que dá pé á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os excelentes resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.