Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: Xerais

Xerais consolida a súa presenza en Twitter e agasalla cun lote de libros á seguidora 5.000 ao tempo que o blog sobrepasa as 5.000 anotacións

Xerais sobrepasou onte os 5.000 seguidores e seguidoras en Twitter, consolidando con forza a súa presenza nesta rede social. Con tal motivo, Xerais agasalla cun lote de libros de novidades á seguidora número 5.000, que resultou ser Rose Cameselle, en Twitter @RoseCameselle, coa que a editorial xa se puxo en contacto. De xeito case simultáneo, o blog de Xerais, continúa a súa actividade incansable e sobreprepasou tamén as 5.

Xerais en Pinterest

Xerais abriu o pasado venres o seu perfil de en Pinterest, unha rede social moi atractiva e de emprego moi doado para compartir o contido informativo a partir das imaxes. A utilización didáctica de Pinterest, así como a súa presenza no eido das librarías e bibliotecas públicas foron dous alicientes máis para profundizar na aposta da editorial por esta rede en constante crecemento.

Xerais amplía a súa oferta de ebooks e reforza o espazo para comunicación web do libro dixital

Xerais continúa ampliando e reforzando a súa oferta dixital, que se centra moi especialmente no ámbito literario.

Os Premios Fervenzas Literarias 2013 recoñecen autores e libros de Xerais e a propia editorial

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal a través de 453 fichas de votación. Esta é unha fermosa iniciativa que dá pé á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os excelentes resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para o Kindle

Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para os lectores e lectoras que empregan o Kindle. Os libros que xa se poden mercar para ese formato electrónico son As voces baixas, de Manuel Rivas; Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012; En vías de extinción, de María Reimóndez; e Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz.

Os éxitos de «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz, tamén en catalán

A novela de Agustín Fernández Paz Cartas de inverno non só é un éxito en galego, lingua na que leva 29 edicións publicadas, senón tamén na súa tradución ao catalán. Na editorial Bromera publicáronse xa 22 edicións de Cartes d’ hivern.

Xerais supera os 3.000 seguidores en Twitter e consolida a súa presenza nas redes sociais

Xerais superou hai uns días a cifra de 3.000 seguidores en Twitter e mantén un ritmo de crecemento rápido con respecto ao número de persoas que fidelizan a súa atención no uso que Xerais fai desta rede social. Xa no estudo «El uso de Twitter en las editoriales españolas 2011», Xerais aparecía como unha das editoras máis destacadas do Estado na utilización desta ferramenta de comunicación social. Agora, Xerais alcanza os 3.

«Formación e Orientación Laboral»: proxecto de Xerais para o curso 2012/13 Coñéceo!

PROXECTO XERAIS PARA FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL (Novidade Curso 2012-2013) CONTIDOS ADAPTADOS Á NOVA NORMATIVA LABORAL O módulo de Formación e Orientación Laboral (FOL), catalogado como de carácter especial pola Lei Orgánica de Educación, forma parte do currículo de todos os ciclos formativos que integran a Formación Profesional regrada.

Xerais acada dez millóns de exemplares vendidos

Xerais acada dez millóns de exemplares vendidos

A narrativa contemporánea e a literatura infantil e xuvenil foron as preferencias dos lectores das obras publicadas por Edicións Xerais de Galicia en 2011 Ao peche do exercicio 2011, Xerais acada os 10.103.409 exemplares vendidos dende a súa fundación en 1979 Das 125 novidades publicadas por Xerais nas distintas coleccións destacaron, entre outras, a novela de Agustín Fernández Paz Non hai noite tan longa, con máis de 3.

Faleceu o tradutor Valentín Arias, ligado a Xerais desde a súa fundación

A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar o seu pesar pola morte do tradutor e profesor Valentín Arias, colaborador de Xerais desde a súa fundación. Valentín Arias faleceu o pasado venres aos 76 anos de idade na súa casa de Sarria e foi incinerado en Vigo este domingo. O seu papel máis destacado foi o de tradutor, sendo membro fundador en 1984 da Asociación de Tradutores Galegos, da que ocupou a presidencia.

«Xerais 30», reportaxe en «Luces»

Óscar Iglesias publica no suplemento «Luces» de El País Galicia unha interesante reportaxe sobre a traxectoria da editorial.  Agradecemos este texto moi interesante, que reproducimos na súa totalidade: XERAIS 30 O 5 de outubro de 1979, Germán Sánchez Ruipérez, fundador do Grupo Anaya, e o seu socio galego Xulián Maure, con Ofelia Grande e Camiño Noia, constituían en Vigo Edicións Xerais de Galicia. Trinta anos, 3.

Xerais, trinta aniversario

Hoxe, 5 de outubro, hai trinta anos que se constituía en Vigo a empresa Edicións Xerais de Galicia S.A. Transcorridas tres décadas daquel feito alboral, a nosa editorial publicou 3.200 titulos (tres mil en lingua galega) e vendeu máis de dez millóns de exemplares dun catálogo moi diversificado.