Publicado o 2 Agosto, 2009 nas categorías Autores, Crónica, Feiras_do_libro, Noticias
O luns, 3 de agosto, ás 20:00 horas, o profesor Xesús Alonso Montero impartirá na Feira do Libro da Coruña unha conferencia arredor dos seus libros máis recentes: Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), publicado por Edicións Xerais de Galicia e Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega, publicado pola Editorial Galaxia.
Ler máis →
Publicado o 17 Xullo, 2009 nas categorías Autores, Crónica, Entrevistas, Historia, Xerais_nos_medios
Aquí pode escoitarse a entrevista ao profesor Xesús Alonso Montero emitida no Diario Cultural da Radio Galega con motivo da publicación do libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1636-1948).
Ler máis →
Publicado o 2 Xullo, 2009 nas categorías Crónica, Noticias, Presentacións
O vindeiro mércores, 8 de xullo, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro (Praza de Cervantes 6) de Santiago de Compostela terá lugar a presentación do libro de Xesús Alonso Montero Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948). No acto o autor estará acompañado do editor Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 26 Xuño, 2009 nas categorías Crónica, Historia, Noticias, Xerais_nos_medios
Baixo o título “O adeus da dignidade” Galicia hoxe publica unha completísima reportaxe sobre o libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) de Xesús Alonso Montero. Así mesmo, La Voz de Galicia publica outra ampla noticia sobre a aprición do libro.
Ler máis →
Publicado o 25 Xuño, 2009 nas categorías Crónica, Entrevistas, Xerais_nos_medios
Foto de Marcos Míguez "La Voz de Galicia"
Hoxe en La Voz de Galicia, con motivo da presentación do libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), Jorge Lamas faille unha entrevista ao profesor Alonso Montero: “Recollín textos moi conmovedores que os nosos alumnos deben coñecer“
Ler máis →
Publicado o 24 Xuño, 2009 nas categorías Crónica, Feiras_do_libro, Fóra de Xogo, Narrativa, Noticias, Premios, Sopa de Libros, Universitaria, Xuvenil
Adiantamos os actos organizados por Xerais na Feira do Libro de Vigo que terá lugar na Alameda dende o 10 ao 19 de xullo.
Ler máis →
Publicado o 23 Xuño, 2009 nas categorías Crónica, Noticias, Presentacións
O vindeiro xoves, 25 de xuño, ás 20:00 horas, nas instalacións do MARCO (antigo cárcere) de Vigo, presentarase o máis recente libro do profesor Xesús Alonso Montero, Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948). No acto acompañarán ao autor Alfonso Álvarez Gándara (decano do Colexio de Avogados de Vigo), Carlos Núñez e o editor Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 15 Xuño, 2009 nas categorías Crónica, Noticias
A vindeira semana chegará ás librarías Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), o máis recente libro do profesor Xesús Alonso Montero.Unha obra moi relevante na construción da memoria republicana de Galicia.
Xesús Alonso Montero recolle neste libro cento vinte cartas de republicanos galegos escritas despois de que recibiran oficialmente a noticia de que foran condenados á pena de morte.
Ler máis →
Publicado o 5 Xuño, 2009 nas categorías Crónica, Fóra de Xogo, Infantil, Narrativa, Noticias, Poesía, Sopa de Libros, Teatro, Universitaria, Xuvenil
Xerais publicará catorce novidades ao longo deste mes de xuño.
Na colección Xerais Narrativa aparecerán as novelas A vida do outro de Carlos Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008 da Deputación Provincial da Coruña; Monte Louro de Luís Rei Núñez, Premio Blanco Amor 2009; e Pirata de María Reimóndez. Títulos, ambos os tres, que estarán nas librarías durante a primeira quincena do mes.
Ler máis →
Publicado o 14 Maio, 2009 nas categorías Crónica, Noticias, Presentacións
Mañá, venres 15 de maio, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo presentarase o libro Conversas con Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. O autor estará acompañado por Xesús Alonso Montero, Luis Ferreiro Loredo e Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 5 Marzo, 2009 nas categorías Críticas, Ensaio, Xerais_nos_medios
Ramón Nicolás publicou o pasado 7 de febreiro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica sobre as dúas novidades máis recentes do profesor Xesús Alonso Montero, entre elas Letras galegas. Explicadas (de 1962 a 1980) en Triunfo e noutras revistas de fóra de Galicia.
Ler máis →
Publicado o 24 Febreiro, 2009 nas categorías Autores, BLG, Fóra_de_colección, Noticias, Poesía
Hoxe, 24 de febreiro, celébrase o 172 aniversario do nacemento en Santiago de Compostela de Rosalía de Castro. Dende os inicios de Xerais, a nosa escritora primeira sempre tivo unha importante presenza no noso catálogo. O primeiro título foi en 1982 a Poesía completa en galego, en edición do profesor Benito Varela Jácome, actualmente descatalogada despois de ser reimpresa en múltiples ocasións.
Ler máis →