Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xesús_constela

O valor dunha idea: «O peso do cerebro», de Xesús Constela. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha anotación sobre o libro: O peso do cerebro, de Xesús Constela, publicado por Xerais na colección: Narrativa.   O valor dunha idea   O valor dunha idea pódese adiviñar, pódese presentir, mesmo se pode acreditar nel unha vez que apareceu polas nosas mentes.

Unha narración sobre a memoria e o seu esfarelamento, sobre a identidade a ela unida e sobre a forza dos recordos: «O peso do cerebro», de Xesús Constela. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: O peso do cerebro, de Xesús Constela, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Xesús Constela: «A miña novela está protagonizada por Honorio, que ten algún tipo de enfermidade mental relacionada coa vellez». Artigo de Santiago Jaureguizar sobre: «O peso do cerebro»

Santiago Jaureguizar publicou no suplemento Táboa Redonda, dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo sobre o libro:  O peso do cerebro, de Xesús Constela, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xesús Constela: «O libro é unha especie de indagación no que pasa pola mente desorganizada dun octoxenario, don Honorio». Entrevista no «Diario de Ferrol» sobre: «O peso do cerebro»

O xornal Diario de Ferrol publicou unha entrevista ao escritor Xesús Constela sobre o libro: O peso do cerebro, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Novidade: «O peso do cerebro», de Xesús Constela. Unha sorprendente e innovadora novela sobre como as nosas lembranzas na vellez se poden confabular para manipularnos

O peso do cerebro, de Xesús Constela, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembranzas confabularse para nos manipular e en que lugares se agachan esas memorias traizoeiras.

Xesús Constela: «Ordenar o cerebro debería ser algo indispensable para todo o mundo». Entrevista no «Diario de Pontevedra» sobre: «O peso do cerebro»

O xornal Diario de Pontevedra publicou unha entrevista ao escritor Xesús Constenla sobre o libro: O peso do cerebro, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Xesús Constela: «Gústame explorar os lugares máis tépedos e máis turbios da experiencia humana» Entrevista no «Praza Pública» sobre « A rotura das paisaxes»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Xesús Constela na que fala sobre o libro: A rotura das paisaxes, publicado por Xerais na colección Narrativa. (Imaxe: Jorge Fernández Seoane- Praza Pública).   XESÚS CONSTELA: “Non todo pode ser novela negra e material de consumo para institutos.

Festa dos Libros. Pontevedra 2017. Libros de Xerais

Os días 23, 24 e 25 de xuño, na praza da Ferrería de Pontevedra, terá lugar a Festa dos Libros, 2017 organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías de Pontevedra. O amplo programa desenrolarase  de venres e sábado de 11.00 a 14.30 h e de 18.00 a 23.30 h e o domingo de 11.00 a 14.30 h e de 18.00 a 22.00 h. As actividades de obras publicadas por Xerais son: Venres, 23 18.

Cando escribir é arriscar: «A rotura das paisaxes», de Xesús Constela. No blog das Bibliotecas de Redondela

O blog As novas da biblioteca (Redondela e Chapela) publicou unha anotación sobre a presentación de A rotura das paisaxes, de Xesús Constela.   Xesús Constela achéganos «A rotura das paisaxes» na Biblioteca de Chapela Xesús Constela, acompañado polo seu irmán Xurxo e mais por Fran Alonso, falando da súa literatura Este venres a Biblioteca de Chapela recibiu unha visita excepcional.

Fermosa, fragmentaria e de imaxinación delirante: «A rotura das paisaxes», de Xesús Constela. Recensión de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro A rotura das paisaxes, de Xesús Constela, que se presenta mañá venres 16 de setembro, ás 20:30 horas na Axencia de Lectura Municipal de Chapela (Multiúsos do Piñeiral do Crego), coa presenza do autor, de Xurxo Constela e do editor Fran Alonso.

Presentación en Chapela de “A rotura das paisaxes” de Xesús Constela

O venres, 16 de setembro, ás 20:30 horas, na Axencia de Lectura Municipal de Chapela, Edificio do Piñeiral do Crego, terá lugar a presentación do libro A rotura das paisaxes de Xesús Constela. No acto participarán Xurxo Constela, Fran Alonso e o autor.

Unha proposta ousada e interesante: «A rotura das paisaxes», de Xesús Constela. Crítica de Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro A rotura das paisaxes, de Xesús Constela. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.