Publicado o 23 Xaneiro, 2017 nas categorías Animación á lectura, Autores, Clubs_de_lectura
Logo de publicar o pasado mes de novembro o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, o blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publica agora o listado das 40 autoras e autores máis lidos nos Clubs de Lectura durante o curso 2015/2016. Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas ocupan o primeiro e segundo posto, respectivamente.
Ler máis →
Publicado o 27 Novembro, 2015 nas categorías Crónica, Narrativa, Noticias
O escritor Xosé Neira Vilas faleceu hoxe na súa casa en Gres, Vila de Cruces. aos 87 anos de idade. A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar o seu fondo pesar polo falecemento e resaltar a importancia e o valor do seu papel no ámbito da literatura e a cultura galegas.
Ler máis →
Publicado o 17 Setembro, 2013 nas categorías Críticas, Crónica
Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Cancela aberta, de Xosé Neira Vilas.
Ler máis →
Publicado o 9 Setembro, 2013 nas categorías Críticas, Crónica
Ramón Nicolás publicou no seu blog unha recensión crítica sobre os últimos libros de Xosé Neira Vilas, entre eles Cancela aberta.
«Cancela aberta», de Xosé Neira Vilas
(…) Cancela aberta, por outro lado, insírese nesoutro ámbito de traballo, continuado e intenso, que Neira vén desenvolvendo desde hai ben anos e que é o da divulgación de corte ensaístico a través da súa práctica xornalística.
Ler máis →
Publicado o 29 Agosto, 2013 nas categorías Autores, Eventos, Feiras_do_libro
El Correo Gallego publicou unha información sobre a presenza de Manuel Rivas e Xosé Neira Vilas na Praza dos Libros de Carballo.
Neira Vilas e Rivas visitaron a Praza dos Libros de Carballo
A última xornada da Praza dos Libros de Carballo non podía ter mellor remate.
Ler máis →
Publicado o 21 Agosto, 2013 nas categorías Autores, Crónica, Eventos, Feiras_do_libro, Narrativa, Noticias, Novidades, Presentacións, Sinatura
Xerais estará presente o domingo 25 de agosto en dúas das actividades da Praza dos Libros organizada polo concello de Carballo.
Ás 12:00 horas, Manuel Rivas asinará exemplares d’ As voces baixas e do resto da súa obra. Durante esa mañá, todas as persoas que merquen un libro serán agasalladas cun pan de Carballo.
Ás 18:00 horas, Xosé Neira Vilas presentará os libros Cancela Aberta (Xerais) e Aquel Neno (Embora).
Ler máis →
Publicado o 23 Xullo, 2013 nas categorías Autores, Feiras_do_libro, Narrativa, Nota de prensa, Noticias, Presentacións
Do xoves, 1 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, terá lugar na Feira do Libro da Coruña, na que Xerais desenvolverá os seguintes actos
Día 1 de agosto, xoves
20:00 h.: Presentación de Días que non foron de Luís Rei Núñez. Participan: Mercedes Queixas, Manuel Bragado e o autor.
21:00 h.: Presentación de Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. Participan: Pilar García Negro, Manuel Bragado e o autor.
Ler máis →
Publicado o 23 Xullo, 2013 nas categorías Crónica, Feiras_do_libro, Narrativa, Presentacións
O venres, 26 de xullo, Xerais organiza, na Feira do Libro de Rianxo, dous actos literarios:
Ás 20:00 horas presentación de Cancela aberta de Xosé Neira Vilas. Participan Manuel Bragado e o autor
Ás 21:00 horas “A noite no deserto”. Diálogo sobre a novela e a construcción da memoria con Francisco X. Fernández Naval, autor de A noite branca e Antón Riveiro Coello, autor de Laura no deserto. Modera Xerardo Agrafoxo.
Ler máis →
Publicado o 5 Xullo, 2013 nas categorías Crónica, Novidades
Cancela aberta, de Xosé Neira Vilas, é unha novidade da colección Crónica.
Traspoñer esta cancela é coma acceder a unha feira na que hai de case todo; é coma entrar nun mundo de noticias e curiosidades diversas.
Ler máis →
Publicado o 27 Xullo, 2012 nas categorías Autores, Críticas, Crónica, Xerais_nos_medios
Xosé Neira Vilas publicou na súa sección “Arco Iris” de El Correo Gallego un artigo sobre o libro de Xesús Alonso Montero Castelao na Unión Soviética en 1938. Reproducimos un texto moi interesante:
CASTELAO NA UNIÓN SOVIÉTICA
Así se titula un libro recente de Xesús Alonso Montero (Ed. Xerais, 2012). A histórica viaxe de Daniel ó país de Lenin.
Ler máis →
Publicado o 3 Novembro, 2011 nas categorías Críticas, Crónica
O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog, Novenoites, unha recensión crítica sobre Penúltimo Dietario, de Xosé Neira Vilas.
A crítica literaria recoñece que a chamada “literatura do eu” forma unha parte imprescindible do presente e do futuro da literatura. Mais eu refírome a un instrumento literario que non é autobiografía nin diario nin memorias en sentido rigoroso.
Ler máis →
Publicado o 13 Outubro, 2011 nas categorías Críticas, Crónica
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica hoxe unha crítica de Xosé Feixó sobre Penúltimo Dietario, de Xosé Neira Vilas.
Clásico vivo
Sensible curiosidade
Xosé Neira Vilas é un dos clásicos vivos da nosa literatura. A súa narrativa, ademais do valor literario intrínseco, axudou en gran medida á recuperación do galego. Memorias dun neno labrego bateu récords de vendas e edicións, ata hoxe.
Ler máis →