Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_neira_vilas

«Penúltimo dietario», de Neira Vilas: unha achega á literatura do diario

Daniel Salgado publica un artigo no suplemento Luces de El País sobre o xénero diarístico e fala de Penúltimo Dietario, de Xosé Neira Vilas. Talvez para construír a verdadeira crónica privada das nacións non abonde, como escribira Balzac, coa novela.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas

Manuel Rodríguez Alonso inclúe no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Penúltimo dietario, o último libro de recompilación de artigos xornalísticos de Xosé Neira Vilas. A recensión pode lerse aquí.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Penúltimo Dietario», de Xosé Neira Vilas

O crítico Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión sobre Penúltimo Dietario, de Xosé Neira Vilas.

Boa acollida para o «Penúltimo Dietario» de Xosé Neira Vilas

O escritor Xosé Neira Vilas presentou na Prazas dos Libros o seu último libro, publicado por Xerais e titulado Penúltimo Dietario, segundo informou La Voz de Galicia de Carballo, diante dunha “multitude de xente que acudiu ao encontro e á posterior sinatura de exemplares.

Hoxe na Feira do Libro da Coruña Portas, Neira Vilas e Alonso Montero

Hoxe na Feira do Libro da Coruña os actos de Xerais estarán protagonizados por Manuel Portas, Xosé Neira Vilas e Xesús Alonso Montero que presentarán as súas novidades no Paseo de Méndez Núñez. Mañá, martes, Agustín Fernández Paz presentará a súa novela máis recente. Día 1 luns de agosto ás 20:00 horas: Presentación Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas.  Participan: Manuel Bragado, o autor e o Grupo Loaira.

Actos de Xerais na Feira do Libro da Coruña

Día 1 luns de agosto ás 20:00 horas: Presentación Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas.  Participan: Manuel Bragado, o autor e o Grupo Loaira. ás 20:45 horas: Presentación Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas. ás 21:15 horas: Presentación Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo de Xesús Alonso Montero .

«Penúltimo dietario», de Xosé Neira Vilas, novidade do mes de xullo na colección Crónica

Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas, é unha das novidades do mes de xullo, e publícase na colección Crónica. «Este Penúltimo dietario é unha memoria dos nosos –de Anisia e meus– últimos dezasete anos vivindo no retrinco do mundo onde nacín. Tiña pasado, coma quen di, da aldea ó barco.

Libros de Xerais finalistas nos Premios da Edición 2010

A Asociación Galega de Editores fixo públicos esta fin de semana os libros e autores finalistas nos Premios da Edición 2010, que serán entregados en Lugo o sábado 12 de marzo durante o transcurso da Noite da Edición.

Artigo de Neira Vilas sobre «Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)»

O escritor Xosé Neira Vilas publicou o pasado domingo en El Correo Gallego un artigo sobre Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), do profesor e investigador Xesús Alonso Montero, libro que foi Premio Ánxel Casal na categoría de non ficción. Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) é o título dun libro de Xesús Alonso Montero (Edicións Xerais, 2009). Un libro certamente conmovedor.

Xosé Neira Vilas fala de «presenza galega en Cuba» en «Galicia hoxe»

Montse Dopico entrevista para Galicia hoxe a Xosé Neira Vilas, con motivo da presentación na Feira do Libro da Coruña de Presenza galega en Cuba. «Galicia está aínda por descubrir, sobre todo no tema da emigración. Hai moito que revelar”, asegura.

Xosé Neira Vilas fala de «Presenza galega en Cuba»

A Nosa Terra recolle a entrevista a Xosé Neira Vilas realizada por Europa Press con motivo da presentación na Feira do Libro da Coruña de Presenza galega en Cuba.

Xosé Neira Vilas evocará esta tarde a presenza galega en Cuba

Rodri García publica unha entrevista en La Voz de Galicia con Xosé Neira Vilas ao fío da presentación de Presenza galega en Cuba que terá lugar esta tarde, ás 20:00 horas na Feira do Libro da Coruña.