Publicado o 3 Agosto, 2010 nas categorías Crónica, Feiras_do_libro, Noticias, Presentacións
Presenza galega en Cuba, o libro máis recente de Xosé Neira Vilas será presentado o mércores, 4 de agosto, ás 20:00 horas na Feira do Libro da Coruña (xardíns de Méndez Núñez). No acto acompañará ao autor o editor Manuel Bragado. A partir das 18:30 horas, Neira Vilas asinará exemplares da súa obra.
Ler máis →
Publicado o 8 Xullo, 2010 nas categorías Asinatura, Autores, Crónica, Infantil, Merlín, Narrativa, Noticias, Premios_Xerais, Presentacións
Xerais xa ten pechado o programa dos actos que realizará na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto no paseo dos xardíns de Méndez Núñez.
Día 2 luns
19:00 h.: Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros de Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela 2009, Ás de bolboreta, Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e do resto da súa obra.
19:30 h.
Ler máis →
Publicado o 17 Xuño, 2010 nas categorías Críticas, Crónica, Historia, Xerais_nos_medios
FERMOSO GALANO
Unha renda de memorias
Xosé Neira Vilas non só é o narrador que logrou transmitir nas súas novelas unha parte da historia do pobo galego que acontece alén das nosas fronteiras, aquel mesmo que nos agasallou con fermosos personaxes para a memoria infantil como a marela taravela ou o espantallo amigo, ou tamén o poeta dende Gres que sabe da palabra precisa e terma do verso.
Ler máis →
Publicado o 3 Agosto, 2009 nas categorías Autores, Crónica, Feiras_do_libro, Noticias, Premios, Presentacións
O martes, 4 de agosto, ás 21:00 horas, dentro do programada de actividades da Feira do Libro da Coruña, Xosé Neira Vilas presentará Lóstregos, o libro de xornalismo polo que obtivo o premio Manuel Reimóndez Portela. A partir das 19:30 horas, o autor de Gres asinará exemplares das súas obras.
Ler máis →
Publicado o 27 Xullo, 2009 nas categorías Crónica, Feiras_do_libro, Noticias, Premios, Presentacións
Xosé Neira Vilas obtivo o XIV premio de xornalismo Manuel Reimóndez Portela, organizado pola Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, polas colaboracións que ven publicando en El Correo Gallego baixo o epígrafe «Lóstregos». Concesión do premio que coincide coa chegada estes días ás librarías galegas do libro homónimo no que Neira Vilas recolle un centenar destes traballos.
Ler máis →
Publicado o 24 Xullo, 2009 nas categorías Feiras_do_libro, Presentacións
Na Feira do Libro da Coruña, que se celebrará nos xardíns de Méndez Núñez, do 1 ao 10 de agosto, Xerais ten programadas as seguintes actividades:
Día 1. Sábado
18.30 O escritor e xornalista Manuel Rivas asinará exemplares do seu libro O sombreiro chichiriteiro e de toda a súa obra.
Día 3. Luns
20.
Ler máis →
Publicado o 22 Xullo, 2008 nas categorías Presentacións
Xerais participará nos seguintes actos da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto:
1 venres, ás 20,00 h. Suso de Toro asina Outra Galiza.
1 venres, ás 20,00 h. Presentación de Recordar doe de Herminio Barreiro. Intervirán: Narciso de Gabriel, Manuel Bragado e o autor.
2 sábado, ás 19,00 h. Presentación de Os Grouchos e recital poético “A luz do faro” de Manuel Rivas.
3 domingo, ás 20,30 h.
Ler máis →