Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xurxo_souto

Reportaxe no ZigZag sobre «A terra queima», o libro-disco de Lalo Carnota e Xurxo Souto

O programa ZigZag da TVG emitiu unha reportaxe sobre A terra queima, un libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, con texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro.

Lalo Carnota publica na súa web o vídeo sobre a gravación da banda sonora de «A Terra Queima», que leva texto de Xurxo Souto

Lalo Carnota publicou na súa web o vídeo da gravación do CD do libro-disco A terra queima, álbum infantil interdisciplinar que parte dun proxecto do propio Lalo Carnota, con música súa, con texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro.

Un conto con banda sonora que bebe dos sons do mar e a natureza: «A terra queima», un libro-disco de Lalo Carnota e Xurxo Souto

Un conto con banda sonora que bebe dos sons do mar e a natureza: «A terra queima», un libro-disco de Lalo Carnota e Xurxo Souto

Sermos Galiza publica unha reportaxe de Carme Vidal sobre A terra queima, un libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, con texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro. O libro foi presentado o sábado á tarde na Coruña.

A terra queima», un libro-disco de Lalo Carnota e Xurxo Souto para gozar lendo e escoitando. Anotación en Trafegando ronseis

Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre A terra queima, un libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, con texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro. O libro será presentado mañá á tarde na Coruña.

Presentación «A Terra Queima» na Coruña

O sábado, 23 de novembro, ás 19:30 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto-A Torre, Parque de Marte, s/nº, A Torre na Coruña, terá lugar a presentación do libro cedé A Terra Queima con música de Lalo Carnota e texto de Xurxo Souto. Os autores estarán acompañados de Manuel Bragado. A presentación está organizada pola Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto, a libraría Sisargas e Xerais.

Novidade: «A terra queima», libro-disco con formato de álbum infantil interdisciplinar con texto, música, fotografía, ilustracións e espectáculo

A terra queima, é libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, con texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro.

Presentación na Coruña de “Costa do Solpor” de Xosé Mª Lema

O xoves, 2 de maio, ás 20:30 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto, Parque de Marte, s/nº A Torre na Coruña, terá lugar a presentación da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema. No acto, organizado en colaboracion coa Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto e a Librería Sisargas, participarán José Mª Laredo Cordonié, Xurxo Souto, Fran Alonso e Xosé Mª Lema.

O libro-CD «A caza do Ghazafello», recomendado no blog Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha anotación crítica sobre o libro-CD A caza do Ghazafello, unha novela de Denís M. e música de Marcos Payno que reúne a importantes músico galegos e á ilustradora Sara López, con produción de Valentín Torrado.     Buscando materiais para “outras historias”, cheguei a este libro que repousaba nos meus andeis agardando a oportunidade de sorprenderme.

«A caza do Ghazafello», de Denís M, e «Os megatoxos e o aprendiz de druída», de Anxo Fariña, dúas propostas de lectura de Brabádegos

Brabádegos, o portal de literatura infantil e xuvenil publica unha recensión sobre dous libros de Xerais. O primeiro é o libro-CD A caza do Ghazafello, unha novela de Denís M. e música de Marcos Payno que reúne a importantes músico galegos e á ilustradora Sara López, con produción de Valentín Torrado. O segundo é Os megatoxos e o aprendiz de druída, de Anxo Fariña.

Premios Xerais 2012. Entrevistas: Xurxo Souto, músico convidado

Os Premios Xerais 2012 en crónicas

ACTUALIZADO (12/06/2012). Tanto os medios de comunicación como os blogs e as redes sociais publicaron esta fin de semana numerosas crónicas sobre a cerimonia e fallo dos Premios Xerais 2012 o pasado sábado 9 na Illa de San Simón. Na foto, actuación musical de Xurxo Souto no Auditorio multiusos da Illa de San Simón. Realismo mágico y crónica africana se llevan los Premios Xerais, en El País, por Teresa Cuíña (09/06/2012).

Marcos Calveiro e a parella María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premios Xerais 2012

Marcos Calveiro obtivo a XXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil por Palabras de auga. Mentres que a XXIX edición do Premio Xerais de Novela correspondeu a María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, autores de Tonas de laranxa, obra presentada baixo o lema «Pouso da Arcai». Ambos os dous premios foron outorgados por unanimidade de cada un dos xurados.