Publicado o 1 Xuño, 2012 nas categorías Noticias, Premios_Xerais, Xerais
Os xurados dos Premios Xerais de Novela e Merlín de Literatura Infantil 2012, reunidos no Castelo de Soutomaior durante a tarde do 1 de xuño, declararon as obras finalistas.
O xurado da XXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.
Ler máis →
Publicado o 1 Decembro, 2011 nas categorías Audios, Música, Narrativa, Xuvenil
O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica hoxe unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre sobre o libro-CD A caza do Ghazafello, unha novela de Denís M. e música de Marcos Payno que reúne a importantes músico galegos e á ilustradora Sara López, con produción de Valentín Torrado.
Ler máis →
Publicado o 16 Novembro, 2011 nas categorías Blogs, Críticas, Música, Narrativa, Xuvenil
Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión crítica sobre o libro-CD A caza do Ghazafello, unha novela de Denís M. e música de Marcos Payno que reúne a importantes músico galegos e á ilustradora Sara López, con produción de Valentín Torrado.
Literatura ghazafella con banda sonora
Co evocador título A caza do ghazafello, Denis M.
Ler máis →
Publicado o 27 Outubro, 2011 nas categorías Infantil, Música, Novidades, Xuvenil
O libro disco A caza do Ghazafello é unha das novidades deste outono. Un libro de Denís M., música de Marcos Payno e ilustracións de Sara López, producido con Valentín Torrado cun excelente plantel de músicos no disco: Antón Reixa, Xurxo Souto, Ugia Pedreira, Pulpiño Viascón, Carcía MC, Ico Manolo Maseda, Coralie Yap-Chin.
Este non vai ser un paseo para preguiceiros.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2011 nas categorías Críticas, Infantil, Música, Poesía, Sopa de Libros
Ánxela Gracián publicou en Protexta unha recensión crítica de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, libro do que estes días sae á luz a 2ª edición.
Ler máis →
Publicado o 2 Xuño, 2011 nas categorías Críticas, Infantil, Sopa de Libros
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica unha recensión crítica de Paula Fernández sobre O meu gato é un poeta, de Fran Alonso. Reproducímola integramente:
Orixinal proposta
Xogando coas palabras
O gato poeta, que escribe porque lle peta, resulta ser, sen dúbida, un atípico –aínda que auténtico– coñecedor das palabras, un sabedor da linguaxe e mais dos sons.
Ler máis →
Publicado o 18 Maio, 2011 nas categorías Animación á lectura, Críticas, Infantil, Sopa de Libros
A pasada fin de semana, Agatha de Santos publicou no Faro de Vigo unha crónica sobre O meu gato é un poeta, a raíz do espectáculo poético-musical que están realizando Fran Alonso e Xurxo Souto sobre o libro.
Ler máis →
Publicado o 18 Maio, 2011 nas categorías Animación á lectura, Infantil, Presentacións, Sopa de Libros
Este venres 20 de maio, ás 18,30 h da tarde, na Biblioteca da Asociación de Veciños de Monte Alto (Campo de Marte s/n) da Coruña terá lugar o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta dirixido a nenos e nenas de 4 anos en diante e tamén a adultos, no que participarán o escritor Fran Alonso e o músico Xurxo Souto. O acto está organizado por Xerais e pola Librería Sisargas da Coruña.
Ler máis →
Publicado o 11 Maio, 2011 nas categorías Animación á lectura, Infantil, Presentacións, Sopa de Libros
Este venres 13 de maio, ás 18,30 h da tarde, a librería Libros para Soñar (Rúa Triunfo 1, Casco Vello) de Vigo acollerá o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta dirixido a nenos e nenas de 4 anos en diante e tamén a adultos, no que participarán o escritor Fran Alonso e o músico Xurxo Souto. Durante a sesión, a poesía convertirase en máxia, convertirase en música, convertirase en xogo e soará o acordeón.
Ler máis →
Publicado o 10 Maio, 2011 nas categorías Críticas, Infantil, Poesía, Sopa de Libros
Trafegando Ronseis publica unha recensión sobre O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, e o seu xeito de achegar a poesía ao público infantil. Reproducímola integramente:
Se eu fose o gato de Fran Alonso tamén sería poeta. Se eu fose calquera becho achegado a Fran Alonso sería poeta. Porque ten unha variña máxica capaz de converter a palabra en poesía, máis se esta está dirixida aos nenos e nenas máis pequen@s.
Ler máis →
Publicado o 4 Maio, 2011 nas categorías Infantil, Presentacións, Sopa de Libros
O próximo sábado 7 de maio, ás 12,00 horas da mañá, a librería Libraida de Gondomar acollerá o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta dirixido a nenos e nenas de 4 anos en diante e tamén, por suposto, a adultos, no que participarán o escritor Fran Alonso e o músico Xurxo Souto. Durante a sesión, a poesía convertirase en máxia, convertirase en música, convertirase en xogo e soará o acordeón.
Ler máis →
Publicado o 25 Marzo, 2011 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Sopa de Libros
O crítico Armando Requeixo incluíu en Criticalia, o seu blog, unha recensión sobre O meu gato é un poeta, de Fran Alonso. Reproducímola a continuación:
Poesía félida
Fran Alonso, escritor de longa e recoñecida traxectoria, acaba de dar ao prelo O meu gato é un poeta, ao meu ver un dos máis orixinais poemarios infantoxuvenís da Galicia dos últimos anos.
Ler máis →