Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xurxo_souto

«O meu gato é un poeta», de Fran Alonso: a maxia da poesía e da música, en Trafegando Ronseis

Trafegando Ronseis publica unha recensión sobre O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, e o seu xeito de achegar a poesía ao público infantil. Reproducímola integramente: Se eu fose o gato de Fran Alonso tamén sería poeta. Se eu fose calquera becho achegado a Fran Alonso sería poeta. Porque ten unha variña máxica capaz de converter a palabra en poesía, máis se esta está dirixida aos nenos e nenas máis pequen@s.

Espectáculo poético-musical «O meu gato é un poeta» en Gondomar o próximo sábado, con Fran Alonso e Xurxo Souto

O próximo sábado 7 de maio, ás 12,00 horas da mañá, a librería Libraida de Gondomar acollerá o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta dirixido a nenos e nenas de 4 anos en diante e tamén, por suposto, a adultos, no que participarán o escritor Fran Alonso e o músico Xurxo Souto. Durante a sesión, a poesía convertirase en máxia, convertirase en música, convertirase en xogo e soará o acordeón.

Crítica de Armando Requeixo sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

Crítica de Armando Requeixo sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

O crítico Armando Requeixo incluíu en Criticalia, o seu blog,  unha recensión sobre O meu gato é un poeta, de Fran Alonso. Reproducímola a continuación: Poesía félida Fran Alonso, escritor de longa e recoñecida traxectoria, acaba de dar ao prelo O meu gato é un poeta, ao meu ver un dos máis orixinais poemarios infantoxuvenís da Galicia dos últimos anos.

«O meu gato é un poeta», de Fran Alonso, novidade do mes de marzo

O libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, acompañado dun CD con música de Xurxo Souto e poemas recitados por Fran Alonso, integramente ilustrado e deseñado polo propio autor a partir de caracteres tipográficos, é unha das novidades do mes de marzo na colección Sopa de Libros. A través dos enredos dun gato poeta, descubrimos outro xeito de ollar a poesía: como algo lúdico, divertido, desmitificado.