Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xurxo_souto

Presentación en Santiago de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O mércores 28 de novembro de 2018 ás 20:00 horas, na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 22, Santiago, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto.

Presentación na Coruña de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O sábado 24 de novembro de 2018 ás 12:00 horas n’ A Gaiteira, Sociedad Recreativa e Instructiva, rúa Gaiteira, 53, A Coruña, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto participarán Teresa Ramiro, Xosé Iglesias e Xurxo Souto.

Manuel Bragado: «Para Xurxo Souto, A Coruña e Vigo son a mesma cidade». Artigo no «Faro de Vigo» sobre: «A gran travesía de Chiruca Macallás»

O xornal Faro de Vigo publicou un artigo de Manuel Bragado sobre a novela A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns. Xouba City e Percalinópolis /  Xouba City e Percalinópolis.

Xurxo Souto: «Fronte ao mar somos o mesmo, a un barco dálle igual atracar na Coruña que en Vigo» Entrevista no xornal «El Ideal Gallego» sobre «A gran travesía de Chiruca Macallás»

O xornal El Ideal Gallego publicou unha entrevista de M.G.M. ao músico e escritor Xurxo Souto sobre o seu libro: A gran travesía de Chiruca Macallás (Imaxe: Quintana – El Ideal Gallego). XURXO SOUTO, MÚSICO E ESCRITOR: “Se nos recoñecésemos como dúas partes do mesmo elemento poderíamos conseguir que o corredor atlántico chegase a Galicia” Para Xurxo Souto presentar un libro é a cousa máis bonita do mundo.

Xurxo Souto: «Dende os ollos do mar, A Coruña e Vigo son a mesma cidade» Entrevista no xornal «La Opinión» sobre «A gran travesía de Chiruca Macallás»

O xornal La Opinión A Coruña publicou unha entrevista de Ana Carro ao músico e escritor Xurxo Souto sobre o seu libro: A gran travesía de Chiruca Macallás (Imaxe: Carlos Pardellas – La Opinión A Coruña).

Presentación en Monte Alto, A Coruña de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O mércores 14 de novembro de 2018 ás 20,00 horas, na Biblioteca da AAVV de Monte Alto, Parque de Marte, s/nº, A Coruña, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto.

Xurxo Souto: «Interésame a emoción e a potencia da realidade que fica tapada» Entrevista no «Sermos Galiza» sobre «A gran travesía de Chiruca Macallás»

  O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Daniel Salgado ao músico e escritor Xurxo Souto sobre o seu libro: A gran travesía de Chiruca Macallás (Imaxe: As Revenidas (Xabicas) – Sermos Galiza).

Presentación en Bouzas, Vigo de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O venres 9 de novembro de 2018 ás 20 horas, no Liceo de Bouzas, Vigo, terá lugar a presentación do libro  A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto acompañarán ao autor, Xerardo Feijoo e Ana Miranda.

Xurxo Souto: «Chiruca é unha muller creativa, que reivindica a tradición e que quere crear un novo discurso de futuro». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «A gran travesía de Chiruca Macallás»

O programa Diario Cultural  da Radio Galega emitiu unha entrevista ao escritor Xurxo Souto sobre o seu libro: A gran travesía de Chiruca Macallás, editado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha suxestiva fusión entre oralidade, cultura libresca e mitoloxía: «A gran travesía de Chiruca Macallás», de Xurxo Souto. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre a novela: A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xurxo Souto: «Vigo e A Coruña son a mesma cidade». Artigo en Praza Pública sobre: «A gran travesía de Chiruca Macallás»

O xornal Praza Pública publicou un artigo de Xurxo Souto sobre o libro: A gran travesía de Chiruca Macallás,  do que é autor o propio Xurxo Souto e que está editado por Xerais na colección Narrativa.   Xurxo Souto: «Vigo e A Coruña son a mesma cidade» Vigo é A Coruña son a mesma cidade. Esta é visión que defendo na novela A Gran Travesía de Chiruca Macallás.

Presentación na Coruña de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O mércores 31 de outubro de 2018 ás 20,00 horas, en Portas Ártabras, Rúa Sinagoga, 22, A Coruña, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto participarán Mercedes Peón, Felipe Senén e Xurxo Souto.