Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xurxo_souto

Unha suxestiva fusión entre oralidade, cultura libresca e mitoloxía: «A gran travesía de Chiruca Macallás», de Xurxo Souto. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre a novela: A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xurxo Souto: «Vigo e A Coruña son a mesma cidade». Artigo en Praza Pública sobre: «A gran travesía de Chiruca Macallás»

O xornal Praza Pública publicou un artigo de Xurxo Souto sobre o libro: A gran travesía de Chiruca Macallás,  do que é autor o propio Xurxo Souto e que está editado por Xerais na colección Narrativa.   Xurxo Souto: «Vigo e A Coruña son a mesma cidade» Vigo é A Coruña son a mesma cidade. Esta é visión que defendo na novela A Gran Travesía de Chiruca Macallás.

Presentación na Coruña de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O mércores 31 de outubro de 2018 ás 20,00 horas, en Portas Ártabras, Rúa Sinagoga, 22, A Coruña, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto participarán Mercedes Peón, Felipe Senén e Xurxo Souto.

Novidade: «A gran travesía de Chiruca Macallás», de Xurxo Souto. Unha novela personalísima que retrata a aventura dunha marea singular con ton epopeico

A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O arrastreiro Macallás sae das Arneiras, a cidade da Torre e da area do Berbés. O seu destino: Rockall, rocha perdida, entre Escocia e Islandia. O Con de Marín, tal lle din pola nosa ribeira. Manda na ponte unha muller, Mercedes, patroa de pesca e, antes, famosa vocalista do conxunto ForzA dozZE! É unha marea ben curiosa.

Presentación en Vigo de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O luns 29 de outubro ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto participarán Xurxo Souto e Fran Alonso.

Presentación na Coruña de “Vivir sen permiso e outras historias de Oeste” de Manuel Rivas

O martes 23 de outubro ás 20:00 horas na librería Sisargas, rúa San Roque, 7, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Vivir sen permiso e outras historias de Oeste de Manuel Rivas. No acto participarán Xurxo Souto, Manuel Rivas e Fran Alonso.

«Un periplo tasqueiro para sibaritas enxebres.» Entrevista en Radiofusión a Xurxo Souto, autor de «Contos da Coruña»

O club de lectura de Radio Fene escolleu a novela Contos da Coruña, de Xurxo Souto, e o faladoiro arredor do libro emitiuse en Radiofusión. O faladoiro pode escoitarse ou descargarse en audio nesta ligazón.

Actos de Xerais na III Feira do disco e libro galego de Monterroso

O sábado 17 de marzo, de 10:30 a 21:30 horas, n’A cúpula, Monterroso, terá lugar a III Feira do disco e libro galego de Monterroso na que Xerais organiza os seguintes actos:  13:15 horas, no Escenario, Cata literaria con Manuel Garrido autor de A Ribeira Sacra. Guía práctica. 13:45 horas, na Carpa, palestra de Xurxo Souto “Océano para terrícolas” baseada nos seu libros Contos da Coruña e Contos do mar de Irlanda.

Xurxo Souto e Kirmen Uribe nos “XIV Encontros con escritores” da UNED da Coruña

O xoves  14 de decembro ás 18:30 h. no Salón de actos de la Uned, rúa Educación, 3 da Coruña, terá lugar unha nova sesión do ciclo “XIV Encontros con escritores”. Ese día participan Xurxo Souto, autor de Contos do mar de Irlanda e Kirmen Uribe, autor de A hora de espertarmos xuntos que conversarán con Javier Pintor e Xavier Seoane.

Un thriller telúrico cheo de intriga e sorpresa: «A raíña das velutinas», de Lionel Rexes. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela A raíña das velutinas, de Lionel Rexes, Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey.   Entrega no Grove do Premio Manuel Lueiro Rey Participamos onte no Grove na gala de entrega da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro a Rey que recibiu Lionel Rexes por A raíña das velutinas.

Presentación en Ferrol de “Contos da Coruña” de Xurxo Souto

A sexta feira, 29  de setembro, ás 20:30 horas, na sede da Fundaçom Artábria, Travessa de batalhons, 7, Esteiro, Ferrol terá lugar a presentación do libro de Xurxo Souto Contos da Coruña. O acto está organizado pola Fundaçom Artábria.

Presentación en Oza de “Contos da Coruña” de Xurxo Souto

O xoves, 28 de setembro, ás 19:30 horas, na biblioteca do Forum, terá lugar a presentación do libro de Xurxo Souto Contos da Coruña. Unha viaxe ao fondo da memoria da cidade. O acto está organizado pola Asociación de Veciños Oza Gaiteira os Castros e o Concello da Coruña.