Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xurxo_souto

Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017

Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha crónica da actividade e presentacións dos libros de Xerais na Feira do Libro da Coruña.       Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017 Rematamos onte tres días de intensa participación na Feira do Libro da Coruña.

Xurxo Souto: «Que o mundo do mar sexa invisíbel é unha gran estafa»

O xornal Sermos Galiza recuperou unha entrevista de Carme Vidal ao escritor e músico Xurxo Souto sobre o libro Contos da Coruña.   «Que o mundo do mar sexa invisíbel é unha gran estafa» Cando fala de Contos do mar de Irlanda (Xerais), o escritor e músico Xurxo Souto entusiásmase co tesouro que transmite neste seu novo libro, esa épica do mar que non tivemos e que, ao seu ver, nos corresponde.

Xurxo Souto: «A proba definitiva de que A Coruña e Vigo son as mesma cidade é que Abel Caballero quere ser Paco Vázquez»

O xornal Sermos Galiza publicou unha reportaxe sobre o libro Contos da Coruña de Xurxo Souto, que mañá sábado se presenta ás 12:00 horas na libraría Berbiriana, libros e grolos (rúa Santiago, 7).

Presentación de “Contos da Coruña” de Xurxo Souto

O sábado, 10 de xuño, 2017, ás 12:00 horas, en Berbiriana libros e grolos, rúa Santiago, 7, A Coruña, terá lugar un “momento coruñento” con motivo da presentación da 4ª edición do libro Contos da Coruña de Xurxo Souto.

Xurxo Souto: «As nosas historias son fascinantes, cómpre escoitar o veciño para atopar a marabilla»

O xornal La Opinión publica unha entrevista de Gemma Malvido ao escritor e  músico Xurxo Souto, que hoxe venres día 2 de xuño presenta 4ª edición de Contos da Coruña. Será ás 20 horas na Casa da Chencha (rúa San Xosé nº 2, A Coruña). O acto contará, ademais, coa poética e erudición de Xulio Montero. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xurxo Souto e a «experiencia marabillosa» das 100 arribadas

O Sermos Galiza publicou unha información sobre a «arribada» de Xurxo Souto aos cen actos realizados en torno ao seu libro Contos do mar de Irlanda.   Xurxo Souto e a «experiencia marabillosa» das 100 arribadas O escritor e colaborador de Sermos Galiza Xurxo Souto chegou ás 100 arribadas, aos eventos vinculados a Contos do mar de Irlanda, o seu último libro.

Xurxo Souto chega aos cen eventos co seu libro “Contos do mar de Irlanda”

Xurxo Souto chega ás “cen arribadas”. Isto é, cen eventos vencellados ao seu libro Contos do mar de Irlanda. O cal  constitúe fito na promoción do libro galego. O vindeiro mércores, 19 de outubro, ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais, rúa Durán Loriga, 10-1º, da Coruña terá lugar unha nova sesión de “Océano para Terrícolas”. E o sábado día 22, en sesión mañanceira (12 h.

Presentación en Caión de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O venres, 15 de xullo, ás 20:30 horas, no Arquivo da Pesca de Caión, praza Eduardo Vila Fano, s/nº, en Caión, terá lugar a presentación musical do libro  Contos do mar de Irlanda  de Xurxo Souto, e sesión popular de cantareas caionesas. No acto participará, alén do autor, o director do Arquivo da Pesca de Caión, Marcos Amado Casdelo.

Presentación en Madrid de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O martes, 28 de xuño, ás 19:30 horas, no Círculo de Bellas Artes, Alcalá, 42, Madrid, terá lugar a presentación musical de Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto, organizado polo Círculo de Bellas Artes, participarán Antón Patiño,  Mr. David Cooney, embaixador de Irlanda en España e Xurxo Souto. Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible “falta de ignorancia”.

Presentación en Castroverde de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O sábado, 11 de xuño, ás 20:30 horas, no Centro Social A Chave das Noces, antigo Camiño Ancho, de Castroverde, en Lugo, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto.

Presentación en Ferrol de “Atravesar o fantasma” de Carlos Callón

O mércores, 18 de maio, ás 19:30 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero, praza do Inferniño, en Ferrol, terá lugar a presentación do poemario Atravesar o fantasma de Carlos Callón. No acto, organizado pola A.C. Fuco Buxán, participarán Xurxo Souto, Xosé M. Dobarro e Carlos Callón que tamén debaterán sobre “Vivir en galego” Compromiso coa Lingua. Ao remate haberá unha participación musical de Roger de Flor.

Presentación de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto n’Illa de Arousa

O venres, 13 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal d’ Illa de Arousa, terá lugar terá lugar a performance interactiva de Xurxo Souto sobre o libro Contos do mar de Irlanda. Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. A pesar de vivir nunha cidade-barco, A Coruña, nunca ninguén lle tiña falado do mar. Decidiu facer algo elemental: preguntar; e axiña apareceu o océano por todos os curruchos.