Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: zapatilas_rotas

Xabier Quiroga estará mañá en Gondomar, no club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, con «Zapatillas rotas»

O escritor Xabier Quiroga estará en o xoves 6 de outubro ás 20.00 horas na Biblioteca de Gondomar, dentro das actividades do club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, para falar e intercambiar impresións sobre a súa novela  Zapatillas rotas.

Novela pontente: «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga. Crítica de Laura Caveiro

O suplemento literario Protexta publicou unha recensión crítica de Laura Caveiro sobre a novela Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga. A recensión crítica pode lerese ou descargarse en pdf neste enlace.

A gran novela deste outono: «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga.   A novela deste outono O curso literario adoita comezar no outono, pois por estas datas moitas editoriais poñen as súas novidades na rúa tras a parada das vacacións do verán. O colaborador Manuel Rodríguez fala dunha destas obras, ‘Zapatillas rotas’, de Xabier Quiroga.

Xabier Quiroga: «En Zapatillas rotas intento retratar a realidade actual»

O Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ángel Graña sobre Zapatillas rotas con Xabier Quiroga. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

O sentimento da vida e da paisaxe: «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga en Lalín.   En Lalín con «Zapatillas rotas» Gran presentación no IES Laxeiro de Lalín de Zapatillas rotas, a quinta novela de Xabier Quiroga. O equipo da Biblioteca preparou unha presentación da súa lectura compartida e proxectou o vídeo da súa lectura acompañando ao autor.

Opinión dunha estudante sobre «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga. Vídeo do autor lendo fragmentos da novela

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión dunha estudante de 2º de Bacharelato do IES Laxeiro, Alba Tomé, sobre Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga. Así mesmo, reproducimos tamén un vídeo do mesmo blog pertencen á serie «O autor acompaña ao lector».

Retrato da sociedade: «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga. Crítica de Xerardo Agrafoxo

Xerardo Agrafoxo publicou no blog de Barbantia unha recensión sobre Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga.   Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga Un ancián –que trae un andar pousado e axúdase dun caxato– foxe dun xeriátrico cando se atopa cun home. Este trátao cun ton amigábel: E logo non lle prestaría vir comigo? Un sarxento da Benemérita, un día antes de xubilarse, se non estaría mal pórlle unha bomba a todo.

Suxestiva novela: «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga.

Unha historia potente en road movie: «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga Crítica de Laura Caveiro

Laura Caveiro publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica da novela Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga. A recensión crítica pode lerese ou descargarse en pdf neste enlace.

Unha ollada á cerna da nosa sociedade actual: «Zapatillas rotas», de Xabier Quiroga

O Diario de Ferrol publicou unha información sobre Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga. A información pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.