Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: zig_zag_diario

Siro: «Os lectores que se acheguen a esta obra descubrirán que a caricatura non é unha arte menor.» Entrevista en «ZigZag Diario» sobre «Falemos de caricatura»

No programa ZigZag Diario da TVG entrevistaron o debuxante Siro López con motivo da publicación do ensaio Falemos de caricatura, realizado en colaboración con Félix Caballero. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Entrevistas aos gañadores dos Premios Xerais 2018 nos programas «ZigZag Diario» da TVG e «Dario Cultural» da RG

Os programas ZigZag Diario (TVG) e Diario Cultural (RG) entrevistaron os gañadores dos Premios Xerais 2018: Emma Pedreira (gañadora do Premio Xerais de Novela con Besta do seu sangue), Carlos Negro (gañador do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil por Aplicación instantánea) e Héctor Cajaraville (gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil por Kusuma).

Héctor Cajaraville: «A miña novela descubre a antiga muralla de Compostela, de 2 quilómetros, 5 metros de altura, 3 metros de ancho e 50 torres»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Héctor Cajaraville, sobre a súa novela Once portas, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Alberte Blanco: «Quixen contar os enigmas que hai detrás dos feitos históricos da Batalla de Rande nunha novela de intriga»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Alberte Blanco sobre a súa novela O Códice esmeralda. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Isaac Xubín: «Na sociedade galega enfrontámonos ao final dunha etapa na que teremos que tomar decisión sobre o que queremos ser»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor  Isaac Xubín sobre o seu poemario  A cadencia da fractura. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Anxo Fariña: «Quería plantexar a situación en que os protagonistas do libro estivesen predestinados a destruír o mundo»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Anxo Fariña sobre o seu libro 4_xinetes. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Xosé Ramón Mariño Ferro: «En ‘Autobiografía dun labrego’ conto a historia tal e como a contaba el, pero tamén coido literariamente o texto»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro, sobre o seu libro Autobiografía dun labrego (Estudo novelado de antropoloxía). A entrevista pode verse nesta ligazón.

Fran Alonso: «’Terraza’ nace desa ollada extravida das persoas afectadas pola crise que camiñan pola cidade como espectros»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Fran Alonso  sobre o libro de poemas Terraza. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Antía Otero: «A memoria é algo que me interesa moito e neste libro quixen facer un traballo profundo con ela»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista coa poeta Antía Otero  sobre o seu poemario O cuarto das abellas. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Héctor Cajaraville: «A caixiña dos rancores é unha historia de amizade entre unha muller maior e dous adolescentes»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Héctor Cajaraville, sobre as súas dúas últimas novelas infantís, entre elas,  A caixiña dos rancores, subtitulada Vidas cruzadas, Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Paco Martín: «Este é un libro sobre persoas, pero cada persoa ten o seu xeito de levar o paraugas»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Paco Martín, sobre o seu libro de relatos De paraguas, escrito a partir de fotografías de Daniel Puente Bello. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Isaac Xubín: «Quixen reflectir na novela os sufrimento das clases desfavorecidas»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor  Isaac Xubín sobre a súa novela Non hai outro camiño. A entrevista pode verse nesta ligazón.