Menu Xerais

«Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas, adianto en pdf e presentación en Compostela mañá xoves 26

Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, será presentada en Compostela mañá xoves 26, ás 21:00 horas, no Café Airas Nunes (rúa do Vilar 17). O acto  contará coa participación de Gracia Santorum, Manuel Bragado e Manuel Portas. A continuación actuará o Grupo Loaira (Clara, Roi e Rubén), que interpretará as pezas do disco que acompaña a novela.

Para os lectores e lectoras do blog de Xerais, ofrecemos un adianto do libro en pdf no que se poden ler as primeiras 21 páxinas.

Descargar primeiro capítulo (21 páxinas) en pdf.

Comentarios pechados