Menu Xerais

«Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas, por Dolores Vilavedra

O suplemento Luces de El País publica un artigo de Dolores Vilavedra en que, baixo o título de «O mundo dende outras perspectivas», realiza unha panorámica crítica sobre os últimos títulos publicados. Reproducimos o referido a Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas.

Manuel Portas sae airoso da súa segunda novela, esa que a miúdo permite á crítica xulgar un primeiro acerto literario (no seu caso, a celebrada Denso recendo a salgado) como froito da casualidade. Portas demostra n’Un dedo manchado de tinta non só competencia narrativa senón tamén ambición creativa, ao poñer en diálogo historias e cancións, e ao rematar a novela cun pinchacarneiro metaliterario que pecha admirablemente un feixe de historias aparentemente inconexas. Unha proposta para explorarmos o lado oculto do cotiá, para descubrirmos o que de singular hai nas vidas que nos rodean, e unha chiscadela ao vello mito do autor demiurgo, se cadra non tan demodé como pensabamos.


Comentarios pechados