Menu Xerais

Un divertido relato sobre o dereito a elexir momentos e persoas para bicar: «Unha fábrica de bicos», de María Canosa e Dani Padrón. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Unha fábrica de bicos, de María Canosa, con ilustracións de Dani Padrón, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

 

Unha fábrica de bicos, de María Canosa

 

Pensei nun principio que María Canosa ía aproveitar o álbum para falar do esaxerado e pouco educador costume que temos as persoas maiores de pedir bicos a nenos e nenas que vemos pola rúa, e a autora, xunto co ilustrador Dani Padrón, constrúen en Unha fábrica de bicos, publicado por Xerais, un divertido relato de como a personaxe principal acaba por descubrir que damos bicos e somos quen de fabricalos cando queiramos e onde nos dea a gana, porque está na nosa liberdade individual elixir a quen, o onde e o como.

Porque os bicos son como os sorrisos, unha decisión propia e non unha imposición. María Canosa apela así, baixo unha alegoría constante, ao dereito a elixir  momentos e persoas para bicar. O dito, algo necesario que debemos fomentar na sociedade.

Comentarios pechados